Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ABERTAL NETWORKS SL ABRE OFICINA EN COMPOSTELA
Nestas datas de crise e incertidume temos a sorte de poder dar un paso máis na ampliación da nosa empresa incorporando unha nova oficina e ampliando o noso persoal na capital de Galicia.

A nova oficina de Abertal Networks SL en Santiago de Compostela está situada no número 143 da rúa Vista Alegre, na saída da cidade cara a Carballo (AC-404). Aos teléfonos de contacto habituais sumamos agora o 981 555 011 e se queredes enviarnos un email, o noso correo é info@abertal.com.

Para unha localización máis exacta da sede de Abertal en Santiago, podedes buscarnos en Google Maps.


Abertal Networks SL
Categoría: - Novas - Publicado o 22-03-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
COMPOSTELA INTEGRA, O PRIMEIRO PRODUTO DA NOVA ETAPA DE ABERTAL
Captura de pantalla da web Compostela IntegraA web Compostela Integra, creada para a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, é o primeiro produto desenvolto na nova etapa de traballo da empresa Abertal Networks SL.

Compostela Integra foi concibida como un paso máis na promoción do traballo en rede no eido da acción social do Concello de Santiago a través do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

O sitio converterase así nunha ferramenta de traballo conxunto, e virtual, para técnicos das entidades e organizacións participantes no proxecto, así como nunha ponte de comunicación cara ao exterior para informar aos cidadáns sobre as intervenciós que se realizan no ámbito social. Neste sentido, a web estrutúrase en dous espazos diferenciados: a páxina de acceso libre a todos os cidadáns e a intranet, unha área privada de exclusivo para os profesionais.

Web de Compostela Integra
Categoría: - Novas - Publicado o 01-03-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal