Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ
Blog As Herbas MedicinaisFundetec entregou hoxe en Madrid os premios do seu II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais para fomentar a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información, así como a predisposición destas a aprender algo novo e perder o medo ás tecnoloxías.

A iniciativa gañadora elixida polo Xurado foi 'As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino', este blog feito dentro do sistema de Blogoteca e impulsado polo Concello de Allariz (Ourense) contou cá participación de 150 mulleres de medios rurais que recompilaron os usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas compartindo estos coñecementos para a transmisión ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.

Dende eiqui o reconocemento o traballo ben feito, a enoraboa e o agradecemento por elexir a Blogoteca para a realización deste proxecto.
Blog Gañador
Categoría: - A Internet - Publicado o 25-02-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal