Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ABERTAL PARTICIPA EN TUREXPO GALICIA 2009
Logotipo de Turexpo Galicia 2009O salón Turexpo Galicia 2009 converterase do 27 ao 29 de novembro na plataforma de negocio para o sector turístico, así como nun foro exclusivo para os profesionais do ámbito. O evento terá lugar no recinto feiral internacional de Silleda (Pontevedra).

En concreto, o sábado 28, Abertal Networks SL participará nun seminario sobre "Turismo e TIC" presentando o seu novo proxecto ningunhotelsinweb.com. Outros ponentes serán David Marrodán, Travel Industry Manager de Google España; José Ramón Pais, de Asired Servicios Telemáticos; Elías Pérez Carrera, de Quobis Networks; Antonio Fraga, de Signo Ingeniería del Territorio; e Víctor López García, de AVA Soluciones Tecnológicas. A xornada desenvolverase de de 10:00h a 14:30h e de 16:30h a 18:30h.

Ademais dos relatorios, o seminario incluirá unha MasterClass sobre a web 2.0 a cargo de Manuel L. Pan, de Abertal, e de Daniel Cerqueiro de Galinus. Neste taller daranse as claves para a promoción dun establecemento turístico por medio de campañas de pagamento en Internet e posicionamento natural, o uso de Adwords de Google ou a importancia do que se di de nós nas redes sociais.

Os profesionais interesados en participar na masterclass poden inscribirse de manera gratuíta en www.turexpogalicia.com.

Turexpo Galicia 2009 >>
Programa do seminario `Turismo e TIC´ >>
Feira Internacional de Galicia >>
Categoría: - Novas - Publicado o 27-10-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCADA A SEXTA EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET
Premios Eganet 09Eganet, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e Novas Tecnoloxía, ven de convocar os seus premios anuais. O prazo de presentación de candidaturas remata o 13 de novembro.

Os Premios Eganet recoñecen a calidade dos produtos e servizos do sector TIC galego, ademais de representar unha plataforma de lanzamento para as empresas do sector e achegar a Sociedade da Información e do Coñecemento á cidadanía galega.

Estes premios agrúpanse en nove categorías:
Premio E-Emprendedores; Premio Cultura Dixital; Premio Software Libre; Premio Tecnoloxía Accesible; Premio Comunicación Web; Premio Mellor Ambiente Laboral, novidade da presente edición; Premio Publicidade Online; Premio E-Comerce; e Premio á Mellor Aplicación Online.

Abertal xa ten no seu poder dous destes galardons, sendo oúltimo deles o do portal do voluntariado de Galicia www.voluntariadogalego.org
Premios Eganet 09 >>
Categoría: - Novas - Publicado o 26-10-2009 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
ECONOMÍA E INDUSTRIA SUBVENCIONA ACCIÓNS E PRODUTOS TIC RELACIONADOS CO XACOBEO 2010
Logotipo do Xacobeo 2010
A Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria vén de convocar unha nova liña de axudas orientadas ás empresas TIC galegas que desenvolvan produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010.

As bases que rexen estas subvencións están recollidas na Orde do 7 de outubro de 2009, publicada no DOG nº 206 do pasado mércores, 21 de outubro.

Se resulta do voso interese, ofrecémosvos ao pé a ligazón á citada Orde.

· Web de Economía e Industria >>
Categoría: - Novas - Publicado o 22-10-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
AS WEBS FEITAS POR ABERTAL SUPERAN CON ÉXITO UNHA ANÁLISE DO OGSI SOBRE ACCESIBILIDADE
Mapa de webs municipais accesibles en GaliciaO Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) vén de publicar o primeiro "Estudo sobre a Accesibilidade Web nos concellos de Galicia" no que podemos observar que as webs realizadas por Abertal Networks SL contan cun alto grao de cumprimento das normas de accesibilidade. De feito, no mapa de situación incluído no documento (páx. 33) obsérvase como aqueles municipios para os que a nosa empresa ten realizado traballos para a súa presenza web son dos mellores puntuados (sinalados en verde).

As normas de accesibilidade, de obrigado cumprimento para as administracións públicas, significan ofrecer un acceso universal á Web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de red, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos usuarios. Unha web accesible será aquela que cumpra ao fin coas catorce Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG).

Durante o estudo, realizado en xaneiro de 2009, analizáronse 267 sitios, cun total de 35.145 documentos, e cun tamaño medio de mostra por web de 131,63 páxinas. Para este labor empregouse a ferramenta de análise masiva TAW Observer da Fundación CTIC, que traballa sobre unha plataforma distribuída baseada en tecnoloxía orientada a servizos (SOA). Só 44 dos portais analizados (16,47%) -entre os que se atopan os feitos por Abertal- superaron a valoración 0,6, sendo 0,82 e 0,16 os valores extremos acadados.

Observatorio Galego da Sociedade da Información >>
Estudo sobre a Accesibilidade Web nos concellos de Galicia >>
Categoría: - Novas - Publicado o 05-10-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal