Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A REPRODUCIÓN DA TORRE DE HÉRCULES EN 3D PERMITE REALIZAR UNHA VIAXE NO TEMPO AOS SÉCULOS II, XVII E XXI
Portada do Museo Virtual da Torre de HérculesO luns 10 de maio presentouse na Domus (A Coruña) a nova páxina web da Torre de Hércules que, entre outros aspectos, destaca por incorporar un Museo Virtual dende o que acceder a unha recreación tridimensional do único faro declarado Patrimonio da Humanidade en 2009. A través desta novidosa aplicación desenvolta por Abertal Networks SL, os usuarios poderán facer unha viaxe no tempo ao longo dos máis de dous mil anos de existencia do facho romano –o único actualmente en funcionamento- centrándose en tres momentos concretos: o século II, o XVII e o actual.

A recreación en 3D mostra o edificio da propia Torre, podendo apreciarse a evolución na súa estrutura, así como na contorna, na que o mar sempre é unha constante. Así, unha vez dentro do museo virtual, o internauta será partícipe dunha especie de xogo co que ir coñecendo o faro en cada un dos séculos referidos, en calquera dos sete idiomas habilitados para a web, e cambiar logo de época cun só clic.

Museo virtual da Torre de Hércules
Categoría: - Novas - Publicado o 12-05-2010 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal