Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRESENTADA A WEB DO GDR COSTA DA MORTE
Logo do GDR Costa da MorteO Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte vén de publicar a súa nova páxina web corporativa para, facendo uso das novas tecnoloxías, difundir tamén o seu cometido: executar o seu Programa de Desenvolvemento Rural Leader 2007-2013 dentro do seu territorio de actuación (municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas).

A Asociación Costa da Morte, a entidade sen ánimo de lucro que xestiona o GDR, quere que este novo sitio sexa unha ferramenta máis para que os usuarios poidan relacionarse con eles e achegarse a este programa axudas europeo, promovendo así a participación activa no mesmo.

Con este obxectivo, a páxina web do GDR preséntase en dous idiomas, galego e castelán, e cunha disposición da información pensada para facilitar a consulta dos contidos de maneira áxil e fluída. A este propósito contribúe a aposta por un deseño atractivo e sinxelo, así como unha navegación simplificada (estruturada nun menú lateral á esquerda) para axilizar o acceso ás once seccións nas que se divide a información sobre o GDR Costa da Morte, o programa Leader, os socios, fotos, contacto, etc.

GDR Costa da Morte
Categoría: - Novas - Publicado o 08-04-2010 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal