A web Compostela Integra, creada para a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, é o primeiro produto desenvolto na nova etapa de traballo da empresa Abertal Networks SL.
Compostela Integra foi concibida como un paso máis na promoción do traballo en rede no eido da acción social do Concello de Santiago a través do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
O sitio converterase así nunha ferramenta de traballo conxunto, e virtual, para técnicos das entidades e organizacións participantes no proxecto, así como nunha ponte de comunicación cara ao exterior para informar aos cidadáns sobre as intervenciós que se realizan no ámbito social. Neste sentido, a web estrutúrase en dous espazos diferenciados: a páxina de acceso libre a todos os cidadáns e a intranet, unha área privada de exclusivo para os profesionais.
|