Os Grupos de Desenvolvemento Local (GDR), responsables da xestión, execución e difusión do programa de fondos europeos Leader 2007-2013, comenzan a publicar as súas webs. Un destes grupos de acción comarcal que se acaba de sumar a esta iniciativa é o GDR Bergantiños, que agrupa a entidades púbicas privadas e administracións locais dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso e Laxe.
O obxectivo do sitio, deseñado e desenvolvido integramente por Abertal Networks SL, pretende ser unha ferramenta de referencia para os usuarios na que destaca a súa funcionalidade e a súa presentación sinxela e clara. A web, dispoñible en dous idiomas (galego e e castelán), divídese en once seccións entre cabe mencionar o buscador de socios e de proxectos a través dos que se poden facer búsquedas moi precisas sobre ambos temas. |