A Secretaría Xeral de Turismo, pertencente á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, vén de poñer na rede a súa nova páxina web. Este traballo foi realizado por Abertal Networks SL.
Como é ben sabido, Abertal é unha empresa especializada en turismo e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), co cal este é un paso máis no noso posicionamento neste sector.
Mapa da web
No novo sitio web pódese atopar información sobre o funcionamento da Secretaría Xeral de Turismo, así como enlaces directos a organismos dependentes do departamento autonómico como son Turgalicia ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia, entre outros. Así mesmo, tamén se crearon as correspondentes seccións para dar conta das novidades relacionadas coa secretaría, das axudas, lexislación ou dos programas para a dinamización dos diferentes destinos turísticos.
|