Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ABERTAL PARTICIPA NAS XORNADAS TÉCNICAS DE NOVAS TECNOLOXÍAS E MODELOS DE XESTIÓN NO TURISMO DO GROVE
CentolaEstas xornadas, enmarcadas dentro do programa de actividades das VII Xornadas Gastronómicas da Centola, celebraranse o luns día 30 pola mañá no Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés, Centro de A Lanzada.

Abertal Networks, especializada no posicionamento de productos turísticos en internet, centrarase na Hostelería e a Web 2.0 e novas formas de comercializar os produtos hosteleiros.

Nesta actividade intervirán un total de catro poñentes que trataran tamén temas como os aspectos legais da hostelería no seu día a día, a calidade do turismo ou as relacións laborais para finalizar cun debate sobre as claves do avance do turismo, as mellores formas xurídicas para fomentalo e o papel que deben asumir os profesionais e a administración.
Tríptico da VII Xornadas Gastronómicas da Centola
Categoría: - Novas - Publicado o 25-11-2009 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal