O salón Turexpo Galicia 2009 converterase do 27 ao 29 de novembro na plataforma de negocio para o sector turístico, así como nun foro exclusivo para os profesionais do ámbito. O evento terá lugar no recinto feiral internacional de Silleda (Pontevedra).
En concreto, o sábado 28, Abertal Networks SL participará nun seminario sobre "Turismo e TIC" presentando o seu novo proxecto ningunhotelsinweb.com. Outros ponentes serán David Marrodán, Travel Industry Manager de Google España; José Ramón Pais, de Asired Servicios Telemáticos; Elías Pérez Carrera, de Quobis Networks; Antonio Fraga, de Signo Ingeniería del Territorio; e Víctor López García, de AVA Soluciones Tecnológicas. A xornada desenvolverase de de 10:00h a 14:30h e de 16:30h a 18:30h.
Ademais dos relatorios, o seminario incluirá unha MasterClass sobre a web 2.0 a cargo de Manuel L. Pan, de Abertal, e de Daniel Cerqueiro de Galinus. Neste taller daranse as claves para a promoción dun establecemento turístico por medio de campañas de pagamento en Internet e posicionamento natural, o uso de Adwords de Google ou a importancia do que se di de nós nas redes sociais.
Os profesionais interesados en participar na masterclass poden inscribirse de manera gratuíta en www.turexpogalicia.com.
|