Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS WEBS FEITAS POR ABERTAL SUPERAN CON ÉXITO UNHA ANÁLISE DO OGSI SOBRE ACCESIBILIDADE
Mapa de webs municipais accesibles en GaliciaO Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) vén de publicar o primeiro "Estudo sobre a Accesibilidade Web nos concellos de Galicia" no que podemos observar que as webs realizadas por Abertal Networks SL contan cun alto grao de cumprimento das normas de accesibilidade. De feito, no mapa de situación incluído no documento (páx. 33) obsérvase como aqueles municipios para os que a nosa empresa ten realizado traballos para a súa presenza web son dos mellores puntuados (sinalados en verde).

As normas de accesibilidade, de obrigado cumprimento para as administracións públicas, significan ofrecer un acceso universal á Web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestrutura de red, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos usuarios. Unha web accesible será aquela que cumpra ao fin coas catorce Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG).

Durante o estudo, realizado en xaneiro de 2009, analizáronse 267 sitios, cun total de 35.145 documentos, e cun tamaño medio de mostra por web de 131,63 páxinas. Para este labor empregouse a ferramenta de análise masiva TAW Observer da Fundación CTIC, que traballa sobre unha plataforma distribuída baseada en tecnoloxía orientada a servizos (SOA). Só 44 dos portais analizados (16,47%) -entre os que se atopan os feitos por Abertal- superaron a valoración 0,6, sendo 0,82 e 0,16 os valores extremos acadados.

Observatorio Galego da Sociedade da Información >>
Estudo sobre a Accesibilidade Web nos concellos de Galicia >>
Categoría: - Novas - Publicado o 05-10-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal