Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CASA DE TRILLO ACTUALIZA A SÚA PRESENZA EN INTERNET
Captura de pantalla da nova web de Casa de TrilloCasa de Trillo, a primeira casa de turismo rural de Muxía, vén de actualizar a súa presenza en Internet coa publicación dunha nova web con novas funcionalidades -e o deseño dunha nova imaxe- a través da que queren seguir abríndolle aos seus clientes a porta da Costa da Morte desde o mesmo salón da súa casa.

Os propietarios volveron confiar en Abertal Networks SL para seguir adentrándose no eido das novas tecnoloxías e para xestionar o seu posicionamento na rede coa creación deste espazo virtual que, ao fin, quere cumprir o seu obxetivo primeiro: “facer de Casa de Trillo o fogar do viaxeiro”. Nos diferentes apartados, poderedes atopar unha completa información e descrición sobre o establecemento, ler opinións dos hóspedes ou mesmo as novidades máis recentes nun novo blog. Neste sentido, Casa de Trillo tamén quixo apostar pola nosa empresa para levar a cabo campañas de promoción en Internet e asesorarse sobre a integración e o coidado das redes sociais.
Web de Casa de Trillo >>
Categoría: - Novas - Publicado o 03-09-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal