Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FEGATUR, ABERTAL, TURGALICIA E RURALGEST UN BO EQUIPO
Captura da web de fegaturO pasado día 4 de agosto presentouse a nova web da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR).

A presentación realizouse nas instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia, coa presencia de moitos presidentes e presidentas de asociacións de turismo rural, e tamén da Xerente de Turgalicia Dona Carmen Pita e da presidenta de Fegatur, Dona Marisol Lorenzo.

UN PARTO LONGO

Chegar á presentación levou meses de traballo, xa que previamente a realizar o traballo de web realizouse unha análise sobre a posibilidade de usar o sistema da Asociación Española de Turismo Rural (Asetur), o cal se descartou porque os desenroladores non podían chegar en tempo a cumprir todas as especificacións que se lle solicitaron.

Tamén se realizou un traballo para delimitar os 13 xeodestinos nos que se dividiu Galicia. Esta arriscada proposta realizada por primeira vez é froito de cruzar moitos datos en canto a limitacións, tales como os ámbitos comarcais, os ámbitos das asociacións turísticas, os repartos dos GDRs, ... Este é un proxecto que Fegatur declarou aberto, e no que espera que outras agrupacións sectoriais poidan opinar e colaborar.

TECNOLOXÍA DE INTEGRACIÓN

Abertal realizoulle unha proposta a Fegatur para que se puidesen integrar datos e conseguir que as casas tivesen que interactuar o mínimo posible co sistema e que se puidese ofrecer a dispoñibilidade en liña das súas reservas.

Para eso Fegatur asinou cos acordos, un con Turgalicia polo cal se lle encargou a Indra un webservice que serve os datos dos establecementos de turismo rural ao sistema de Fegatur desenrolado por Abertal. Ademais, tamén se decidiu, despois de analizar moitas opcións, que a dispoñibilidade en tempo real sería ofertada polo sistema Ruralgest, sendo gracias a este acordo que todas as empresas asociadas a Fegatur obteñen gratuitamente a licencia de uso desta aplicación, que permite realizar a xestión do establecemento turístico e tamén comercializalo en toda a canle de comercialización coa que o sistema está conectada e que o establecemento decide.

ALGO MÁIS QUE UNHA WEB

Este proxecto vai moito máis que a realización dunha web, como xa comentábamos, hai toda unha integración de datos e un dispoñibilidade en liña, así como un estudio sobre o reparto dos xeodestinos, pero a partires de agora comeza a labor de toda unha campaña de promoción en Adwords, e nas redes sociais, para o cal Fegatur conta con colaboradoras moi experimentadas na promoción turística na rede e tamén co traballo da nosa empresa.

Grande parte dos esforzos desta promoción vaise a dirixir ao mercado estranxeiro, o cal supón que a compliación de conseguilo é aínda maior xa que hai que ter en conta os idiomas e as especificidades de cada país, pero de seguro que á volta duns meses vos poderemos informar sobre o éxito destas tarefas que se comezan agora.

NA TVG
EN LA VOZ DE GALICIA
NO ABC
Categoría: - Novas - Publicado o 07-08-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal