O Cluster Tic Galicia, asociación que reúne as empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do sector TIC renovou a súa web.
Nun novo e sinxelo deseño reúne gran cantidade de información do sector TIC galego, desde a referente ao propio Cluster, con fichas de todas as empresas asociadas, documentos para descarga, e axenda de eventos e tamén a opción de suscripción ao boletín de novas e ofertas.
Tamén contará cunha zona privada de acceso exclusivo para os asociados como de ferramenta de comuniciación e espazo común de traballo. |