|
|
|
|
| Eganet recoñece os 15 anos de traxectoria empresarial de Abertal |
|
O próximo 21 de decembro, e no marco da VIII edición da Gala dos Premios Eganet 2011, a Asociación de Empresas adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías dará o seu recoñocemento ás empresas que levan 10 anos de traxectoria empresarial.
Despois de 15 anos de intenso traballo, recibimos con moita ilusión esta mención especial, e tamén felicitamos ás outras 8 empresas socias que acadaron a década de vida no sector de Internet e as Novas Tecnoloxías.
A Gala dos premios Eganet 2011 comezará ás 12 da mañán no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Acudirán Mar Pereira, Secretaria Xeral da SXMIT; Andrés Hermida, Director Xeral de Promoción do Emprego; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, entre outras autoridades e persoeiros do sector TIC e doutros sectores empresariais galegos. |
|
|
|
|
|
|