Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abertal é entidade colaboradora na tramitación das axudas tecnolóxicas ao comercio retallista galego
Imaxe informativa sobre a tramitación das axudas tecnolóxicas ao comercio retallista galegoO prazo de presentación de solicitudes para os comercios remata o 10 de novembro de 2012.

Abertal vén de ser seleccionada pola Xunta de Galicia como entidade colaboradora para a tramitación das axudas para promover a sociedade da información no comercio retallista galego.

As subvencións que serán tramitadas directamente por nós, son dun 70% da inversión, ata un máximo de 1.500 euros, e están destinadas a apoiar ao comerciantes que precisen contar cunha páxina web ou mercar equipos informáticos.

Os comerciantes que desexen acollerse a esta liña de axudas deben cumprir os seguintes requisitos:

1. Deben exercer a súa actividade entre o tipo de comercio beneficiario establecido nas Bases da convocatoria e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas na citada listaxe.
2. Non superar os dez traballadores.
3. Que o seu local non supere os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público.
4. Non ter sido beneficiarios/as de esta mesma axuda na convocatoria no ano 2010.

Nas ligazóns ao pé acheganos o texto das bases da convocatoria. No artículo 4 especifícanse as actuacións subvencionables, e no Anexo IV os tipos de comercios beneficiarios.

Se precisan máis información, poden contactar con nós no 981 75 78 15 ou en info@abertal.com.
DOG en galego
DOG en castelán
Categoría: - Novas - Publicado o 12-12-2011 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal