Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O portal Finisterrae na Revista da Galega
Entrevista na Galega con Manuel PanManuel Pan foi entrevistado o 27 de xullo no programa A Revista da Televisión de Galicia como responsable dun dos portais de turismo máis antigos de España: Finisterrae.com.

A web, que xa leva máis de 15 anos promocionando a Costa da Morte, foi obxecto de interese deste programa da canle autonómica. Nesta entrevista, feita en directo desde Corcubión, Manuel Pan explica o contido do portal turístico e a importancia que supuxo para a zona a presenza en internet de toda esta información que axuda ao turista a coñecer e planificar a súa viaxe á Costa da Morte.

Tamén se cita a iniciativa da libreta virtual de Man, o alemán de Camelle, para non esquecer a memoria deste home ao que o desastre do Prestige lle anegou a alma.
Finisterrae.com
Entrevista na Revista da Galega
Categoría: - A Internet - Publicado o 02-08-2011 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal