Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMPOSTELA INTEGRA, O PRIMEIRO PRODUTO DA NOVA ETAPA DE ABERTAL
Captura de pantalla da web Compostela IntegraA web Compostela Integra, creada para a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, é o primeiro produto desenvolto na nova etapa de traballo da empresa Abertal Networks SL.

Compostela Integra foi concibida como un paso máis na promoción do traballo en rede no eido da acción social do Concello de Santiago a través do uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

O sitio converterase así nunha ferramenta de traballo conxunto, e virtual, para técnicos das entidades e organizacións participantes no proxecto, así como nunha ponte de comunicación cara ao exterior para informar aos cidadáns sobre as intervenciós que se realizan no ámbito social. Neste sentido, a web estrutúrase en dous espazos diferenciados: a páxina de acceso libre a todos os cidadáns e a intranet, unha área privada de exclusivo para os profesionais.

Web de Compostela Integra
Comentarios (1) - Categoría: - Novas - Publicado o 01-03-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ
Blog As Herbas MedicinaisFundetec entregou hoxe en Madrid os premios do seu II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais para fomentar a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información, así como a predisposición destas a aprender algo novo e perder o medo ás tecnoloxías.

A iniciativa gañadora elixida polo Xurado foi 'As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino', este blog feito dentro do sistema de Blogoteca e impulsado polo Concello de Allariz (Ourense) contou cá participación de 150 mulleres de medios rurais que recompilaron os usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas compartindo estos coñecementos para a transmisión ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.

Dende eiqui o reconocemento o traballo ben feito, a enoraboa e o agradecemento por elexir a Blogoteca para a realización deste proxecto.
Blog Gañador
Comentarios (0) - Categoría: - A Internet - Publicado o 25-02-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O GDR BERGANTIÑOS DIFUNDE O SEU LABOR NA REDE
Logotipo do GDR BergantiñosOs Grupos de Desenvolvemento Local (GDR), responsables da xestión, execución e difusión do programa de fondos europeos Leader 2007-2013, comenzan a publicar as súas webs. Un destes grupos de acción comarcal que se acaba de sumar a esta iniciativa é o GDR Bergantiños, que agrupa a entidades púbicas privadas e administracións locais dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso e Laxe.

O obxectivo do sitio, deseñado e desenvolvido integramente por Abertal Networks SL, pretende ser unha ferramenta de referencia para os usuarios na que destaca a súa funcionalidade e a súa presentación sinxela e clara. A web, dispoñible en dous idiomas (galego e e castelán), divídese en once seccións entre cabe mencionar o buscador de socios e de proxectos a través dos que se poden facer búsquedas moi precisas sobre ambos temas.
Web do GDR Bergantiños
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 26-01-2010 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DOS NUEVAS REFERENCIAS EN EL CATÁLOGO DE NINGUNHOTELSINWEB
Captura de pantalla de la sección CatálogoAbertal Networks SL ha incorporado dos nuevas referencias en el catálogo de webs de su último proyecto Ningunhotelsinweb.com dirigido a establecimientos hosteleros de toda España que deseen crear o renovar su espacio en Internet de forma sencilla y con la máxima calidad.

Se trata de nuevos formatos, que al igual que las opciones existentes, permitirán a los empresarios dotarse de una web corporativa, con diseño y navegación actuales, que podrán convertir además en instrumento básico de comunicación con sus clientes, a la vez que se utiliza como herramienta de promoción entre usuarios y portales especializados.

A través del siguiente enlace se puede acceder a una demostración virtual para comprobar el manejo del panel de control.


Abertal Networks SL
Ningunhotelsinweb.com
Catálogo de referencias
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 19-01-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ABERTAL REALIZA A NOVA WEB DA SECRETARÍA XERAL DE TURISMO
Captura da web da Secretaria Xeral para o TurismoA Secretaría Xeral de Turismo, pertencente á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, vén de poñer na rede a súa nova páxina web. Este traballo foi realizado por Abertal Networks SL.

Como é ben sabido, Abertal é unha empresa especializada en turismo e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), co cal este é un paso máis no noso posicionamento neste sector.

Mapa da web
No novo sitio web pódese atopar información sobre o funcionamento da Secretaría Xeral de Turismo, así como enlaces directos a organismos dependentes do departamento autonómico como son Turgalicia ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia, entre outros. Así mesmo, tamén se crearon as correspondentes seccións para dar conta das novidades relacionadas coa secretaría, das axudas, lexislación ou dos programas para a dinamización dos diferentes destinos turísticos.

Secretaría Xeral para o Turismo
Abertal Networks SL
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 08-01-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NINGUNHOTELSINWEB, EL NUEVO PROYECTO DE ABERTAL DIRIGIDO AL SECTOR DEL TURISMO
ningun hotel sin webNingunhotelsinweb es el nombre del nuevo proyecto de Abertal Networks SL dirigido a establecimientos hosteleros de toda España que deseen crear o renovar su propio espacio en Internet de una forma sencilla y con la máxima claridad a partir de 750€. La presentación de esta iniciativa tuvo lugar a finales de noviembre durante la feria Turexpo Galicia 2009, el primer salón turístico de Galicia, con muy buena acogida por parte de los asistentes.

Abertal Networks SL dispone de un catálogo en el que los interesados podrán elegir un diseño personalizado que se adapte a sus necesidades. Las webs desarrolladas contarán, asimismo, con dominio propio y panel de gestión para una mayor manejabilidad, galería de imágenes, formulario de reservas y contenidos en el idioma seleccionado. De cara a una mayor aproximación al proyecto, a través de la página web ningunhotelsinweb.com, se ha establecido acceso directo a una demostración virtual para comprobar el sencillo manejo del panel de control y su apariencia.

El objetivo de Abertal Networks SL es ofrecer, partiendo de este paquete básico, la realización de una completa web a través de la la cual los establecimientos hosteleros puedan dotar a su negocio de presencia en Internet, a la vez que lo promocionan entre usuarios y portales especializados.

Catálogo de extras
A mayores, también se podrán completar los servicios ofrecidos en este paquete básico gracias a las ventajas de un amplio catálogo de extras que incluye campañas en redes sociales (Facebook, YouTube, Twitter,…) y en Google Adwords, traducción a otros idiomas o gestión de reservas.

El formulario para la solicitud de un presupuesto puede rellenarse a través de la misma página web ningunhotelsinweb.com o en el teléfono 902 233 131.

ningunhotelsinweb.com
Turexpo Galicia 2009
Abertal Networks
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 21-12-2009 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PONTECESO RENOVA A SÚA WEB
Web do Concello de PontecesoO Concello de Ponteceso acaba de renovar a súa páxina web oficial.

Neste novo sitio, redeseñado por Abertal Networks SL, os contidos do concello preséntansenos dunha maneira clara e intuitiva.

Conta cunha sección adicada ao turismo que posúe un espazo propio a través do que achegarnos aos lugares de interese do concello mediante rutas, mapas, imaxes, etc. que nos axudarán a descubrir a riqueza natural, o patrimonio histórico deste concello e ós persoeiros ilustres de Ponteceso.
Web de Concello de Ponteceso
Comentarios (1) - Categoría: - Novas - Publicado o 25-11-2009 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ABERTAL PARTICIPA NAS XORNADAS TÉCNICAS DE NOVAS TECNOLOXÍAS E MODELOS DE XESTIÓN NO TURISMO DO GROVE
CentolaEstas xornadas, enmarcadas dentro do programa de actividades das VII Xornadas Gastronómicas da Centola, celebraranse o luns día 30 pola mañá no Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés, Centro de A Lanzada.

Abertal Networks, especializada no posicionamento de productos turísticos en internet, centrarase na Hostelería e a Web 2.0 e novas formas de comercializar os produtos hosteleiros.

Nesta actividade intervirán un total de catro poñentes que trataran tamén temas como os aspectos legais da hostelería no seu día a día, a calidade do turismo ou as relacións laborais para finalizar cun debate sobre as claves do avance do turismo, as mellores formas xurídicas para fomentalo e o papel que deben asumir os profesionais e a administración.
Tríptico da VII Xornadas Gastronómicas da Centola
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 25-11-2009 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ABERTAL PARTICIPA EN TUREXPO GALICIA 2009
Logotipo de Turexpo Galicia 2009O salón Turexpo Galicia 2009 converterase do 27 ao 29 de novembro na plataforma de negocio para o sector turístico, así como nun foro exclusivo para os profesionais do ámbito. O evento terá lugar no recinto feiral internacional de Silleda (Pontevedra).

En concreto, o sábado 28, Abertal Networks SL participará nun seminario sobre "Turismo e TIC" presentando o seu novo proxecto ningunhotelsinweb.com. Outros ponentes serán David Marrodán, Travel Industry Manager de Google España; José Ramón Pais, de Asired Servicios Telemáticos; Elías Pérez Carrera, de Quobis Networks; Antonio Fraga, de Signo Ingeniería del Territorio; e Víctor López García, de AVA Soluciones Tecnológicas. A xornada desenvolverase de de 10:00h a 14:30h e de 16:30h a 18:30h.

Ademais dos relatorios, o seminario incluirá unha MasterClass sobre a web 2.0 a cargo de Manuel L. Pan, de Abertal, e de Daniel Cerqueiro de Galinus. Neste taller daranse as claves para a promoción dun establecemento turístico por medio de campañas de pagamento en Internet e posicionamento natural, o uso de Adwords de Google ou a importancia do que se di de nós nas redes sociais.

Os profesionais interesados en participar na masterclass poden inscribirse de manera gratuíta en www.turexpogalicia.com.

Turexpo Galicia 2009 >>
Programa do seminario `Turismo e TIC´ >>
Feira Internacional de Galicia >>
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 27-10-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONVOCADA A SEXTA EDICIÓN DOS PREMIOS EGANET
Premios Eganet 09Eganet, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e Novas Tecnoloxía, ven de convocar os seus premios anuais. O prazo de presentación de candidaturas remata o 13 de novembro.

Os Premios Eganet recoñecen a calidade dos produtos e servizos do sector TIC galego, ademais de representar unha plataforma de lanzamento para as empresas do sector e achegar a Sociedade da Información e do Coñecemento á cidadanía galega.

Estes premios agrúpanse en nove categorías:
Premio E-Emprendedores; Premio Cultura Dixital; Premio Software Libre; Premio Tecnoloxía Accesible; Premio Comunicación Web; Premio Mellor Ambiente Laboral, novidade da presente edición; Premio Publicidade Online; Premio E-Comerce; e Premio á Mellor Aplicación Online.

Abertal xa ten no seu poder dous destes galardons, sendo oúltimo deles o do portal do voluntariado de Galicia www.voluntariadogalego.org
Premios Eganet 09 >>
Comentarios (0) - Categoría: - Novas - Publicado o 26-10-2009 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal