a silva


asociación cultural

O meu perfil
asociacionasilva@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

curso de macrame
O pasado mes de novembro realizamos o I curso de macrame, no que colaborou o Concello e Ames, co seguinte programa:

CURSO DE MACRAMÉ ADAPTADO Ó ENCAIXE. NIVEL I

MEMORIA


DURACIÓN DO CURSO: 50 Horas
DATAS DE IMPARTICIÓN: Novembro 2008
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Asociación Cultural A Silva (O Milladoiro)
OBXETIVOS DO CURSO:
O principal obxetivo do curso é que os alumnos, todos eles artesáns téxtis, poidan mellorar os acabados das labores que leven fleques, xa sexan inseridos no encaixe, ou ben directamente no tecido, según o caso, por exemplo na elaboración de panos, toallas, chales, colchas, etc. mediante a técnica de anudado de macramé.
Outro dos obxetivos é asentalas bases para que os alumnos coñezan as posibilidades creativas do macramé para a elaboración de encaixe de nudos,de xoiería téxtil, de pezas tridimensionais, etc.
METODOLOXÍA:
Despois dunha breve introducción teórica da historia do macramé, o curso é totalmente práctico, apoiándose nos apuntes e material gráfico entregado ós participantes,así como a exposición de algunhas pezas textis con traballos de macramé, que sirven para ampliar a visión e cambiar as ideas preconcebidas que sobre o macramé existen.
Nas primeiras xornadas os alumnos aprenden os nudos fundamentais desta técnica, nudo plano e as súas variantes, e nudo de festón con todas as súas variantes. Para elo os participantes realizan unha mostra de cada nudo, e distintas mostras de combinacións deles. Estas realízanse con distintos fíos de grosores diferentes, de liño, de algodón e de liño con rayón, que presentan distintas dificultados á hora de traballalos.
O terceiro día, os alumnos abordan a realización de fleques combinando as técnicas aprendidas, partindo dunha inserción en liña recta dos fíos, que permite que os participantes vaian fixando coñecementos e practicando os nudos. Para elo realizan distintas mostras que lles servirán de guía no futuro xunto cos apuntes.
Antes de afondar máis nos encaixes de nudos e nos fleques, os participantes practican o nudo de festón elaborando unha flor con esta técnica, uns con fío de liño, e outros con "cola de rato".
As últimas xornadas adícanse ós fleques inseridos en ondas. Para elo colócanse fleques postizos nunha pequena toalla de liño rematada con bordado en ondas. Cada participante realiza un encaixe de macramé diferente con estes fleques, basándose nos coñecementos adquiridos, esto permite á docente resolver as diferentes dúbidas que xurden á hora de realizar a labor cun deseño creado polo propio alumno. Esta práctica servirálles os participantes como práctica trasladable ó macramé inserido en encaixe de palillos con remate ondulado.
CONTIDOS DO CURSO:
Para acadar os obxetivos fixados, os contidos do curso son os seguintes:
Nós básicos:
-Nó plano
-Espiral á dereita
-Espiral á esquerda
-Alternancia de espirais
-Nó xenovés
-Nó de cadea
-Nó de festón
-Nó de festón horizontal
-Nó de festón diagonal
-Nó de festón vertical
-Nó de oxal
Ornamentos especiais:
-Nó xosefina
-Madroño de nó plano
-Madroño ou mora de nó de festón
Fleques:
-Inserción de fíos postizos no encaixe (nó de alondra)
-Cómo aumentalos fíos
-Deseño de fleques en base a unha liña recta
-Deseño de fleques en encaixe en onda
Variacións con nós planos
-Punto de zurrón en forma de malla
-Nós planos con fíos guía alternos
-Nós planos con bucle
Variacións con nó de festón
-Tirabuzón
-Doble oxal
-Ondas a punto xenovés
Simetrías e armonía

DOCENCIA


DOCENTE: Ana Castro Barja
Foi un curso interesantisimo. No que aprendemos moito, moitisimo. Xa estamos pensando no seguinte. Mirade as fotos
Comentarios (0) - Categoría: cursos - Publicado o 20-03-2009 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal