a silva


asociación cultural

O meu perfil
asociacionasilva@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

carta presentación
I ENCONTRO DE BOLILLOS E LABORES ARTESANAIS
3 de xullo. Milladoiro

A Asociación cultural A Silva, organizadora do acto, ten a ben convidalos/as ó I Encontro de bolillos e labores artesanais que se vai celebrar o día 3 de xullo de 2010 no Pavillón de Deportes do Milladoiro (Ames), rúa Travesía do Porto s/n.

O horario do Encontro será
10 horas: Recepción de participantes
10.30 a 14 e de 16 a 19 horas: Encontro de bolillos e labores artesanais
14 horas: xantar de confraternidade.

O prezo do menú son 15 € por persoa, e estará composto de:
- Empanada - Fideos á mariñeira
- Carne Asada con patacas e verduras - torta de Santiago
- viño, auga, refrescos e café
As persoas que desexen reservar o xantar deben comunicárnolo con anterioridade e facer o ingreso do importe na conta número 0030 6098 16 0000138271 de Banesto. (O dia do Encontro presentando o xustificante do ingreso se recollerán os vales para a comida no posto de información da Asociación).

Teremos un obsequio para tódolos/as participantes inscritos. O longo do dia haberá un sorteo de diversos agasallos. As rifas para participar poderán mercarse no mesmo recinto.

Contamos coa vosa presenza. Dependemos da vosa axuda para que o Encontro sexa un éxito e poidamos repetir en anos vindeiros.

Un afectuoso saúdo
Comentarios (1) - Categoría: I Encontro de bolillos e labores artesanais - Publicado o 24-02-2010 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
inscripción
I ENCONTRO DE BOLILLOS E LABORES ARTESANAIS
3 de xullo. Milladoiro

BOLETIN DE INSCRICIÓN

Nome do Grupo/Asociación:


Nome do profesor/a:


Enderezo da Asociación:
Rúa ________________________________________________________
Concello______________________________Código Postal___________
Teléfonos de Contacto:_________________/_______________________
Correo electrónico:____________________________________________
Número de persoas que compoñen o Grupo: ________________________
Número de reservas para o xantar: ________________________________

O prazo de inscrición finaliza o día 25 de xuño de 2010


Para calquera dubida podedes contactar con nos no:
Marieta: 607 769 830 (preferiblemente en horario de tarde)
Estrella: 881 972 586
Correo electrónico: asociacionasilva@gmail.com
Fax: 981 891 845
Comentarios (0) - Categoría: I Encontro de bolillos e labores artesanais - Publicado o 24-02-2010 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
curso de macrame III
convocado o curso de macrame III para o 27 e 28 de febreiro de 2010
Comentarios (0) - Categoría: Avisos - Publicado o 08-02-2010 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Macrame III
Celebrarase os dias 27 e 28 de febreiro de 2010, de 10 a 14 e de 16 a 20,30, no Milladoiro (Ames).

Destinado a persoas interesadas en mellorar labores que leven fleques inseridos no encaixe ou directamente no tecido mediante a técnica do anudado de macrame.

O programa será especifico para cada alumno atendendo ó seu nivel.

A docente será Ana Castro Barja

Hai 8 prazas

Importe: 110€ persoa (socios consultar precio)

Información: no correo asociaconasilva@gmail.com ou no telefono 607 769 830 (de 16 a 21 horas).

Organiza: Asociación A Silva

Colabora o Concello de Ames

Entregarase ós/ás asistentes diploma de realización do mesmo
Comentarios (0) - Categoría: cursos - Publicado o 08-02-2010 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro de Bolillos e Labores Artesanais
Día: 3 de xullo de 2010
Lugar: Milladoiro (Ames)
Organiza: Asociación Cultural a Silva
Colabora: Concello de Ames
Comentarios (1) - Categoría: I Encontro de bolillos e labores artesanais - Publicado o 04-02-2010 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal