a silva


asociación cultural

O meu perfil
asociacionasilva@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fins da asociación
Son fins principais da asociación:
a.- Estudo, aprendizaxe, transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de bolillos.
b.- Desenvolvemento de capacidades artisticas e culturais.
c.- Intercambio sociocultural con outras asociacions.
d.- Salvagarda de tradicións e de oficios tradicionais.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cotas
As cotas de socios para o ano 2014 son de 40€ ó ano.
Comentarios (0) - Categoría: Socios - Publicado o 12-02-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Requisitos
Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
a. compromiso de colaboración cos fins da asociación
b. compromiso de colaboración no sustento da asociación
c. compromiso de colaboración na difusión da asociación
d. compromiso de traballo nas tarefas de mantemento da asociación así como nas actividades que organice.
2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.
3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Comentarios (0) - Categoría: Socios - Publicado o 12-02-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
benvida
Benvidos.
A Silva é unha asociación cultural aberta a participación de tod@s.
Partimos do encaixe de bolillos e queremos acoller a calquera que queira participar no desenvolvemento cultural e artesán.
Queremos organizar cursos, talleres, conferencias, viaxes... e todo aquilo que se nos ocorra para aprender e gozar co que estamos a facer.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal