a silva


asociación cultural

O meu perfil
asociacionasilva@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentación
A Asociación cultural A Silva, organizadora do acto, ten a ben convidalos/as ó II Encontro de Bolillos e Labores Artesanais que se vai celebrar o día 12 de xuño de 2011 no Pavillón de Deportes do Milladoiro (Ames), rúa Travesía do Porto s/n.

O horario do Encontro será
10 horas: Recepción de participantes
10.30 a 14 e de 16 a 19 horas: Encontro de Bolillos e Labores Artesanais
14 a 16 horas: descanso para xantar.

Disporemos dunha “garderia para acompañantes” o longo de todo o dia con xogos para que estean entretidos.

Teremos un obsequio para tódolos/as participantes inscritos. O longo do dia haberá un sorteo de diversos agasallos. As rifas para participar poderán mercarse no mesmo recinto.

O pasado ano gozamos dun maravilloso dia coa vosa compaña por eso contamos coa vosa axuda para que este ano poidamos repetir un dia tan agradable.

Un afectuoso saúdo
Comentarios (0) - Categoría: II Encontro de Bolillos e Labores Artesanais - Publicado o 31-01-2011 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Bolillos e Labores Artesanais
Dia: 12 de xuño de 2011
Lugar: Milladoiro (Ames)
Organiza: Asociación Cultural A Silva
Colaboran: Concello de Ames e Deputación da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: II Encontro de Bolillos e Labores Artesanais - Publicado o 31-01-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de deseño de puntillas por ordenador
DATA: 22, 23, 29 e 30 de xaneiro de 2011

HORARIO: 22, 23 e 29 de 10 a 14 e de 16 a 20. O dia 30 de 10 a 14.

LUGAR: Manos Artesanas, Rúa Pardiñeiros 12. Milladoiro (Ames).

PROGRAMA
Curso Autocad para debuxo de puntillas

DESTINATARIOS: persoas interesadas en adquirir coñecementos desta técnica, que dispoñan de ordenador portátil, preferiblemente con rato externo e con PDF instalado.

IMPORTE:
Socios: 65€
Non socios: 100€ por persoa.

Nº DE PRAZAS: 10

PRAZO DE MATRICULA: do 29 de decembro 2010 ó 14 de xaneiro de 2011

ORGANIZA: Asociación Cultural A Silva

COLABORA: Concello de Ames
Comentarios (0) - Categoría: cursos - Publicado o 24-01-2011 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal