|
|
|
|
| Coisas de animais |
|

Uma homenagem a Miguel Torga e os seus Bichos
A ver esses textos!
Colade-os nos comentários...
|
|
|
|
|
| Isto é.... |
|
BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare
Uma actividade fóra da aula para lhe pór nomes âs coisas!
Mas... há vários erros nalgumas das palavras escritas. Quais?
|
|
|
|
|
| Foto e poema |
|











 |
|
|
|
|
| O teu poema, aqui |
|
Cola o teu poema nos comentários!
|
|
|
|
|
| Camballon MIX nambar chu! |
|


O curso pasado o Equipo de Normalización tirou o Camballon Mix, 200 copias dun CD que foi repartido entre o alumnado do centro.
21 temas que trunfaron!
Este ano queremos tirar o Camballón Mix nº 2, e xa estamos recollendo os temas propostos polo alumnado do centro.
Temas que estean á última, actuais, IN, nada de vellos clásicos...
E ti, que temas pensas que non debería faltar?
|
|
|
|
|
| O IGI POR DENTRO |
|
Unha aventura que nunca esqueceremos.
Grazas a Alfonso e aos traballador@s do Instituto Galego de Información por abrirnos os centos de portas do IGI.
E obrigad@s, mais unha vez, a Isaac Díaz Pardo. |
|
|
|
|
| Na biblioteca de Historia |
|

Misión:
Facernos pasar por estudantes universitari@s na biblioteca da Facultade de Historia.
Obxectivo:
1. Observar o comportamento d@s estudantes.
2. Observar o comportamento dos libros.
Resultado:
Fracaso:
O silencio púxonos nervios@s.
Tanto libro púxonos tens@s.
E unha tipa díxonos que marchásemos porque, apesar dos nosos esforzos por mimetizarnos, parece ser que fixemos algo de ruído. Cousa que eu, desde logo, non comparto.
Mais ben era unha repugnanta.
Esperaremos unha segunda oportuidade...
|
|
|
|
|
| O Leo: Entrevista. |
|




Misión:
Localizar á persoa publicamente coñecida como O Leo e entrevistalo.
Coidado: é un poeta!
Coidado: é un canta-autor punk!
Moito coidado: é profe de lingua galega!
Obxectivo:
1. Interrogalo até arrincarlle a Verdade.
Lugar do encontro: Churrasquería Negreira, San Marcos. Discreción ante todo.
Resume do a entrevista, á espera dun informe pormenorizado por parte d@s enviad@s especiais:
1. Confesou que lle gusta o punk. As vangardas.
2. Diferenciounos entre hai ku e hai cu.
3. Falounos sobre a nosa propia lingua, mira ti, que ben que a coñece.
4. dfjklgjklgf! TOP SECRET.
Manolo traía na cabeza dous poemas d´O Leo, cousa que nos emocionou a tod@s, incluído o autor.
Incidencias: O interrogatorio fíxose de carón da televisión, con Superpiñeiro rallando e rallando insoportabelmente de fondo.
Resultado: Guai!
|
|
|
|
|
| O Caralho 29: Excursión a Compostela |
|




Misión:
Ir ao Caralho 29.
Obxectivo:
1. Comprobar veracidade do rumor: Existe O caralho 29? Distinguir entre a realidade e a ficción.
2. Deixar constancia documental.
Breve explicación do deseño da zona vella de Compostela. stop
Murallas. Edificios. Edificio Castromil, foto na cafeteria El Muelle. stop.
Café e cruasán.
stop.
Visita á Facultade de Historia. Biblioteca.
E finalmente, monumentos mais importantes:
O Caralho 29.
Misión cumprida.
Xa fomos ao caralho...
...e estamos de volta!
|
|
|
|
|
| Poesía Gratis: Excursión a Compostela |
|











Misión:
1. Repartir poesía gratis pola rúa.
2. Vivir Novas Sensacións
Saída: Quintana dos Mortos, recital poético, stop.
Destino: rúas. Obxectivo: repartir poemas de balde. A discreción.
200 copias dos poemas, man a man.
Poetas seleccionados para a misión: Daniel Salgado, Lupe Gómez, Olalla Cociña, Rafa Villar, O Leo, Estíbaliz Espinosa, María Lado, Manuel Rivas...
Incidéncias:
Un señor negouse a coller un poema:
-Tome, tome, un poema gratis para o tempo libre...
- Eu non teño tempo libre!
Non recibimos agresións.
A poesía non asusta tanto como parece.
Resultado: Moi satisfactorio.
Excelente.
Proposta de ascenso.
|
|
|
|
|
|
|
|