Bien
Esta es la historia, ficticia, del caballero Sancho Panza
Si, si, escuchen...
Tras tantearle su locura,
Con una argucia entre barbero y cura,
Se comprobó que seguía torcida la hechura,
De nuestro gran amigo,
Don Quijote de la Mancha al que el azote del arte,
Literario de la caballería andante,
Puso otra vez delante de adversarios temerarios,
De nuevo imaginarios,
Que saldrán a flote y le harán darse al estricote
en esta segunda parte.
El actor secundario de esta historia se presenta,
Con la duda y el enojo,
Que surgen tras la ayuda y el arrojo,
Que hicieron de su muda un despojo,
Y de promesas un manojo de ilusiones que el tiempo deshojó,
A pesar de habladurías,
Acerca de su amo y de si mismo,
Encaminóse al abismo,
Aceptando nuevamente unirse al ramo de las caballerías,
Y volver a dejar de sentirse sano,
Arreglando fechorías,
Aún a riesgo de dañarse,
Del mismo modo un ojo, una mano,
O tal vez la gallardía que le hacía,
Seguir al que vivía cada dia en la locura por amor
Dígame, vuestra merced, si es menester,
que su dolor sea mi dolor no le veo razón de ser
Digo que a mi parecer siendo yo tu amo
y señor mi dolor es tu dolor
aunque al revés no es menester.
Dígame vuestra merced si es menester
que su dolor sea mi dolor no le veo razón de ser
Digo que a mi parecer siendo yo tu amo
y señor mi dolor es tu dolor aunque al revés no es menester
Y del horror solamente solución la muerte,
Doloroso remedio que al dolor deja inerte,
A ricos y a pobres,
Tocará la misma suerte,
Con el dedo que tantas veces a esquivar acerté,
Peligros que en no pocas ocasiones,
Provocaron lesiones en el cuerpo y en la mente,
A cambio de una paga insuficiente, un hambre permanente
Y una inexistente ínsula que lograr descarte
Donde esta la parte positiva,
De jugar con mi vida, como en un juego de azar,
De aceptar, la falta de juicio de mi amo y su inventiva,
Que si mi amo no esta cuerdo yo también loco de atar,
Que más podrá pasar que me sorprenda,
Que más podrá ocurrir que sea mudable en su razón,
Después de tantas calamidades a lo largo de esta senda,
Al final terminaré creyendo incluso yo en Frestón,
Así la astucia sea conmigo,
Haré que un mundo a la manera de los libros
se presente ante mi amo,
Juro que el mundo será testigo,
Del poder del caballero sancho panza
que desde ahora así me llamo
Dígame, vuestra merced, si es menester
que su dolor sea mi dolor no le veo razón de ser
Digo que a mi parecer siendo yo tu amo y señor
mi dolor es tu dolor aunque al revés no es menester.
Dígame, vuestra merced, si es menester
que su dolor sea mi dolor no le veo razón de ser
Digo que a mi parecer siendo
yo tu amo y señor mi dolor es tu dolor
aunque al revés no es menester
Bien, esta fue la historia,
Ficticia, de Sancho Panza convertido en caballero,
Harto de los malos, harto de los palos,
Ay, es el 4º centenario 2 0 0 5 Zénit
Nada máis tranquilizarme comprendín que eu fixera todo o humanamente posible, tanto respecto ao propietario e aos seus inquilinos, como respecto aos meus desexos e ao meu sentido do deber; para beneficiar a Bartleby, e protexelo dunha violenta persecución.
Procurei estar tranquilo e libre de preocupacións. A miña conciencia xustificaba os meus intentos, aínda que de certo non logrei o éxito que esperaba. Tal era o meu temor de ser acosado polo colérico propietario e os seus exasperados inquilinos, que entregando por uns días os meus asuntos a Nippers, dirixinme á parte alta da cidade, a través dos suburbios, no meu coche.
Crucei de Jersei City a Hoboken, e fixen visitas fugaces a Manhattanville e Astoria. De feito, case acabei vivindo no meu coche durante ese tempo. Cando regresei á oficina, atopei sobre o meu escritorio unha nota do propietario.
Abrina coas mans a tremer. Informábame que o avogado chamara á policía, e que Bartleby fora conducido ao cárcere como vagamundo. Ademais como eu o coñecía máis que ninguén, pedíame que fose aló e que fixese unha declaración de defensa. Esta nova tivo sobre o min un efecto contraditorio. Primeiro, indignoume, logo case mereceu a miña aprobación. O carácter enérxico e expeditivo do propietario fíxome adoptar un temperamento que eu non elixira. Con todo, como último recurso, dadas as circunstancias especiais, aquel parecía a única saída.
Souben despois que cando lle dixeron ao escribán que sería conducido ao cárcere, este non ofreceu a menor resistencia. Co seu pálido modo inalterable, asentiu silenciosamente. Algúns curiosos ou apiadados espectadores uníronse ao grupo. Encabezada por un dos xendarmes, do brazo de Bartleby, a silenciosa procesión seguiu o seu camiño entre todo o ruído, a calor, e o valeiro das rúas ao mediodía.
O mesmo día que recibín a nova fun ao cárcere. Buscando o empregado, declarei o propósito da miña visita, e fun informado de que o individuo que eu buscaba estaba, en efecto, aí dentro. Asegureille ao funcionario que Bartleby era dunha cabal honradez e que merecía a nosa comprensión e piedade, por inexplicablemente excéntrico que fose.
Referinlle todo o que sabía, e suxerinlle que o deixasen encerrado en boas condicións até que se puidese facer algo menos duro -aínda que non sei moi ben en que pensaba. De todos os xeitos, se nada se decidía, aquel lugar sen liberdade debía acollelo. Logo solicitei unha entrevista.
Como non había contra el ningún cargo serio, e era inofensivo e tranquilo, permitíanlle andar en liberdade pola prisión e particularmente polos patios cercados de céspede. Aí atopeino, solitario no máis tranquilo dos patios, co rostro en fitando un alto muro, mentres ao redor a min me parecía descubrir ollos de asasinos e de ladróns, espreitando polas estreitas reixas das xanelas.
-Bartleby!
-Coñézoo -dixo sen darse volta- e non teño nada que dicirlle.
-Eu non son quen o trouxo aquí, Bartleby -dixen profundamente doído pola súas sospeitas-. Para vostede este lugar non debería ser tan horrible. Non está aquí por nada do que se deba avergoñar. Vexa, non é un lugar tan triste, como podería supoñerse. Mire, aí está o ceo, e aquí a herba.
-Sei onde estou -replicou, e non quixo dicir máis nada, e entón deixeino.
Ao entrar de novo no corredor un home ancho e carnoso, de mandilón achegóuseme, e sinalando co pulgar sobre o ombreiro, dixo:
-Ese é o seu amigo?
-Si.
-Quere morrer de fame? En tal caso, que faga réxime aquí na prisión e cumprirá de certo ese desexo.
-Quen é vostede? -pregunteille, non acertando a explicarme ben nunha conversa tan pouco oficial nese lugar.
-Son o despenseiro. Os señores que teñen amigos aquí páganme para que lles facilite bos pratos.
-É certo? -pregunteille ao gardián. Contestou que si.
-Ben, entón -dixen, deixando caer unhas moedas de prata na man do despenseiro-, quero que o meu amigo estea particularmente ben atendido. Déalle a mellor comida que atope. E sexa con el o máis atento posible.
-Fai o favor de presentarme? -dixo o despenseiro, cunha expresión que parecía indicar a impaciencia de ensaiar inmediatamente a súa urbanidade.
Pensando que podía redundar en beneficio do escribán, accedín, e preguntándolle o seu nome, fun buscar a Bartleby.
-Bartleby, este é un amigo, e vai botarlle unha man.
-Servidor, señor -dixo o despenseiro, facendo un lento saúdo, detrás do mandilón-. Espero que isto lle resulte agradable, señor, a herba é fresca, os cuartos cómodos, espero que o tempo que pase connosco poidamos facerllo agradábel. Que quere cear hoxe?
-Prefiro non cear hoxe -dixo Bartleby, dándose volta-. Faríame mal. Non estou afeito acear -con estas palabras moveuse cara ao outro lado do cercado, e quedou mirando a parede.
-Como é iso? -dixo o home, dirixíndose a min cunha mirada de asombro-. É medio raro, verdade?
-Creo que está un pouco desequilibrado -dixen con tristeza.
-Desequilibrado? Está desequilibrado? Ben, palabra que pensei que o seu amigo era un falsificador; os falsificadores son sempre pálidos e distinguidos. Non podo menos que compadecelos. Éme imposible, señor. Non coñeceu a Monroe Edwards? -agregou e detívose. Logo, apoiando compasivamente a man no meu ombreiro, suspirou-: morreu tuberculoso en Sing-Sing. Entón, vostede non coñecía a Monroe?
-Non, nunca tiven relacións sociais con ningún falsificador. Mais non podo demorarme. Coide o meu amigo. Prométolle que non lle pesará. Xa nos veremos.
Poucos días despois conseguín outro permiso para visitar o cárcere e andei polos corredores en busca de Bartleby, mais sen dar con el.
-Vino saír da súa cela non hai moito -dixo un gardián-. sairía pasear ao patio. Tomou esa dirección.
-Está buscando ao home calado? -dixo outro gardián, cruzándose comigo-. Aí está, durmindo no patio. Non hai vinte minutos que o vin aí deitado.
O patio estaba completamente tranquilo. Aos presos comúns estáballes vedado o acceso. Os muros que o rodeaban, de asombroso espesor, silenciaban calquera ruído. O carácter exipcio da arquitectura atafegoume coa súa tristeza. Mais aos meus pés crecía unha herba mol. Era coma se no corazón das eternas pirámides, como por arte de maxia, agromase das fendas unha semente deixada aló polos paxaros.
Extrañamente aniñado ao pé do muro, cos xeonllos levantados, de lado, coa cabeza tocando as frías pedras, vin o consumido Bartleby. Mais non se moveu. Detívenme, logo achegueime. Inclineime e vin que os seus vagos ollos estaban abertos. Polo demais parecía profundamente durmido. Algo me impulsou a tocalo. Ao sentir a súa man, un calafrío correume polo brazo e polo espiñazo até os pés.
A redonda cara do despenseiro interrogoume:
-A súa comida está preparada. Non quererá comer hoxe tampouco? Ou vive sen comer?
-Vive sen comer -dixen eu e pecheille os ollos.
-Eh?, está durmido, verdade?
-Soñando con reis e conselleiros -dixen eu.
Creo que non hai necesidade de proseguir esta historia. A imaxinación pode suplir facilmente o pobre relato do enterro de Bartleby. Mais antes de despedirme do lector; quero advertirlle de que se esta narración logrou interesarlle o bastante para espertar a súa curiosidade sobre quen era Bartleby, e que vida levaba antes de que o narrador trabara coñecemento con el, só podo dicirlle que comparto esa curiosidade, pero que non podo satisfacela. Non sei se debo divulgar un pequeno rumor que chegou aos meus oídos, meses despois do falecemento do escribán. Non podo afirmar o seu fundamento, nin podo dicir que grao de verdade tiña. Mais, como este vago ruxe ruxe non careceu de interese para min, aínda que é triste, pode tamén interesar a outra xente.
O rumor é este: que Bartleby fora un empregado subalterno na Oficina de Cartas Mortas de Washington, do que foi bruscamente despedido por un cambio na administración.
Cando penso neste rumor, apenas podo expresar a emoción que encheu. Cartas mortas!, non ten un aquel a xente morta? Conciban un home por natureza e por desgraza propenso a unha pálida desesperanza. Que exercicio pode aumentar esa desesperanza como o de manexar continuamente esas cartas mortas e clasificalas para que ardan despois?
Pois a carros e carros as queiman todos os anos. Ás veces, o pálido funcionario saca das dobreces do papel un anel -o dedo ao que ía destinado, talvez xa se corrompe na tumba-; un billete de Banco remitido por caridade e con urgencia a quen xa non come, nin pode xa sentir fame. Perdón, para quen morreu na desesperanza. Esperanza, para quen morreu sen esperanza, boas noticias para quen morreu sufocado por insoportables calamidades. Con mensaxes de vida, estas cartas apresúranse cara á morte.
-Daquela, señor -dixo o descoñecido, que resultou ser un avogado-, vostede é responsable do home que deixou alí. Négase a facer copias; négase a facer todo. Di que prefire non facelo. E négase a abandonar a oficina.
-Síntoo moito, señor -díxenlle con aparente tranquilidade, pero cun tremelicar interior-, mais o home ao que vostede se refire non é nada meu, non é nin un parente nin un protexido, así que non queira facerme vostede responsable.
-No nome de Deus, quen é?
-Con toda sinceridade, non lle teño información. Eu non sei nada del. Eu contrateino como copista. Mais hai xa algún tempo que non traballa para min.
-Pois terei que amañalo eu. Bos días, señor.
Pasaron varios días e non souben máis nada. E aínda que ás veces sentía un caritativo impulso de visitar o lugar e ver o pobre Bartleby, un certo escrúpulo, non sei moi ben por que, detíñame.
E eu pensei, Acabouse, cando pasou outra semana sen máis noticias. Mais ao chegar á miña oficina, ao día seguinte, atopei varias persoas esperando na miña porta, nun estado de gran excitación.
-Este é o home, aí vén -gritou o que estaba diante, e que non era outro que o avogado que me visitara días antes.
- Ten que sacalo de aló, señor, no acto -gritou un home corpulento adiantándose e no que recoñecín o propietario do n.º X de Wall Street-. Estes señores, os meus inquilinos, non poden soportalo máis.
O señor B. -sinalando ao avogado- botouno da súa oficina, e agora persiste en ocupar todo o edificio, sentándose de día nos corremáns da escaleira e durmindo no portal, de noite. A xente está inqueda. Os clientes abandonan as oficinas. Hai xente que teme que pase algo violento, ten que facer algo, inmediatamente.
Asustado pola situación, retrocedín e xa me gustaría terme podido encerrar con chave no meu despacho. En balde intentei explicar que nada tiña que ver con Bartleby. Nada: eu era a última persoa relacionada con el e ninguén quería pasar por alto esa circunstancia.
Temeroso de que aparecese nos xornais (como alguén insinuou escuramente) penseino mellor e dixen que se o avogado me concedía unha entrevista privada co escribán na súa propia oficina (a do avogado), faría o posible para libralos do sarillo.
Subindo á miña antiga morada, atopei a Bartleby silencioso, sentado sobre a varanda no descanso.
-Que está facendo aí, Bartleby? -díxenlle.
-Sentado na varanda -respondeu humildemente.
Fíxeno entrar na oficina do avogado, que nos deixou sós.
-Bartleby -dixen-, dáse conta de que está ocasionándome un gran desgusto, coa súa persistencia en ocupar a entrada logo de ser despedido da oficina?
Silencio.
-Ten que elixir. Ou vostede fai algo, ou algo se fai con vostede. A ver logo, que clase de traballo lle gustaría facer? Gustaríalle volver empregarse como copista?
-Non, preferiría non facer ningún cambio.
-Gustaríalle ser vendedor nunha tenda?
- Demasiado pechado… Non, non me gustaría ser vendedor; aínda que non son esixente.
-Demasiado pechado -gritei-, se vostede está encerrado todo o día!
-Preferiría non ser vendedor -respondeu como para pechar a discusión.
-Que lle parece un emprego nun bar? Iso non fatiga a vista.
-Non me gustaría, pero, como dixen antes, non son esixente.
A súa locuacidade animoume. Volvín á carga.
-Ben, entón gustaríalle viaxar polo país como cobrador de comercio? Sería bo para a súa saúde.
-Non, preferiría facer outra cousa.
-Non lle gustaría ir a Europa, para acompañar algún estudante e distraelo coa súa conversación? Non lle agradaría iso?
-De ningún xeito. Non me parece que haxa niso nada interesante. Gústame estar fixo nun sitio. Mais non son esixente.
-Entón, quede fixo -gritei, perdendo a paciencia. Por primeira vez, na miña desesperante relación con el, púxenme furioso-. Se vostede non se vai de aquí antes do anoitecer; vereime obrigado, e estou falando moi en serio, estou obrigado, a irme eu mesmo! -dixen, un pouco absurdamente, sen saber con que ameaza atemorizalo para cambiar en obediencia a súa inmobilidade. Desesperado de calquera esforzo ulterior, precipitadamente xa marchaba, cando me veu á cabeza unha última idea –unha idea que xa chegara a pensar algunha vez.
-Bartleby -dixen, no ton máis bondadoso que puiden adoptar; dadas as circunstancias- vostede non viría á casa comigo? Non á miña oficina, senón á miña casa, quedar alí até atopar algo que lle conveña? Vamos agora mesmo.
-Non, de momento preferiría non facer ningún cambio.
Non contestei. Mais sorprendendo á xente polo súbito e rápido da miña fuga, fuxín do edificio, corrín por Wall Street cara a Broadway e saltando no primeiro autobús vinme libre de toda persecución.
Pasaron varios días durante os que, nos momentos de lecer, revisei Sobre testamentos de Edwards e Sobre a necesidade de Priestley. Estes libros, dadas as circunstancias, producíronme un sentimento saudable. Gradualmente cheguei a persuadirme de que os meus desgustos en torno ao escribán estaban decretados desde a eternidade, e que Bartleby me estaba destinado por algún misterioso propósito da Divina Providencia, que un simple mortal como eu non podía comprender.
Si, Bartleby, fica aí, detrás do biombo, pensei. Non te perseguirei máis. Es inofensivo e silencioso como unha desas vellas cadeiras. Nunha palabra, nunca me sentín en maior intimidade que sabendo que estabas aí. Por fin chegue a velo, por fin o sinto. E comprendo o propósito predestinado da miña vida. Estou satisfeito. Outros terán papeis máis elevados, a miña misión neste mundo, Bartleby, é proverte dunha oficina polo período que queiras.
Penso que este sabio razonamento continuaría se non mediasen as observacións gratuítas e maliciosas que me inflixiron algúns amigos ao visitar as oficinas. Como acontece con frecuencia, o constante razonamento con mentes mezquinas acaba coas boas resolucións dos máis xenerosos. Pensándoo ben, non me asombra que ás persoas que entraban á miña oficina lles impresionase o peculiar aspecto do inexplicable Bartleby e se visen tentadas a formular algunha sinistra observación.
Ás veces un procurador visitaba a oficina e, atopando só o escribán, trataba de obter del algún dato preciso sobre o meu paradoiro. Sen prestarlle atención, Bartleby seguía impasible no medio do cuarto. O procurador, logo de contemplalo un momento, despedíase sabendo tanto como antes de chegar.
Tamén, cando tiña lugar algunha audiencia e o cuarto estaba cheo de avogados e testemuñas, e se sucedían os asuntos, algún letrado moi ocupado, vendo a Bartleby enteiramente ocioso pedíalle que fose buscar na súa oficina (a do letrado) algún documento. Bartleby, no acto, negábase tranquilamente e ficaba tan ocioso como antes. Daquela o avogado quedaba mirando para el embasbacado, craváballe os ollos e logo mirábame a min. E eu que podía dicir?
Ao final deime conta de que no círculo das miñas relacións corría un ruxe ruxe de asombro sobre o estraño ser que acubillaba na miña oficina. Isto molestábame xa de máis. Ocorréuseme que podía chegar a vello e que seguiría ocupando o meu despacho, e descoñecendo a miña autoridade e asombrando aos meus visitantes. E dándolle un aquel escandaloso á miña reputación profesional. E vertendo unha sombra sobre o meu negocio e manténdose cos seus aforros (porque indubidablemente non gastaba senón medio real por día), e que talvez chegaría a sobrevivirme e a quedar na miña oficina reclamando dereitos de posesión, fundados nunha ocupación de anos e anos.
A medida que esas escuras anticipacións me atafegaban, e que os meus amigos murmuraban as súas implacables observacións sobre esa aparición na miña oficina, cheguei a cambiar a miña anterior decisión. Resolvín facer un esforzo enérxico e librarme para sempre deste pesadelo intolerable.
Antes de urdir un complicado proxecto, suxerín simplemente a Bartleby a conveniencia de que se debía marchar. Nun ton serio e tranquilo, entregueille a idea á súa coidadosa e madura consideración. Ao cabo de tres días de meditación, comunicoume que sostiña o seu criterio orixinal; nunha palabra, que prefería permanecer comigo.
Que facer?, dixen para min, abotoando o meu abrigo ata o último botón. Que facer? Que debo facer? Que di a miña conciencia que debería facer con este home, ou máis ben, con esta pantasma? Teño que librarme del. Marchará, mais como? Botarás ese pobre, pálido, pasivo mortal, botarás fóra esa criatura indefensa? Deshonraraste con semellante crueldade? Non, non quero, non podo facelo. Máis ben, se por min fose, deixaríao vivir e morrer aquí e logo emparedaría os seus restos no muro.
Que farás entón? Por moito que llo pidas non se move. Deixa os subornos debaixo do teu propio pisapapeis, é ben claro que prefere quedar contigo.
Entón hai que facer algo determinante, algo fóra do común. Como? Vas facer que o arreste un xendarme e entregarás a súa inocente palidez ao cárcere? Que motivos poderías aducir? É talvez un vagamundo? Como!, el, un vagamundo, un ser errante, el, que se nega moverse?
Entón, porque non quere ser un vagamundo, vas clasificalo como tal? Isto é un absurdo. Carece de medios visibles para vivir?, ben, aí o está. Outra equivocación, sen dúbida vive e esta é a única proba incontestable de que ten medios de vida. Non hai nada que facer entón. Xa que el non quere deixarme, terei que deixalo eu. Mudarei a miña oficina. Mudareime a outra parte, e notificareille que se o atopo no novo despacho procederei contra el como contra un vulgar intruso.
Ao día seguinte díxenlle:
-Estas oficinas están demasiado afastadas da casa do Concello, o ambiente, fechado, é pouco san. Nunha palabra: teño previsto mudarme a semana que vén, e xa non requirirei os seus servizos. Comunícollo agora, para que poida buscar outro emprego.
Non contestou e non se falou máis nada.
No día sinalado contratei coches e homes, dirixinme ás miñas oficinas, e tendo poucos mobles, todo foi transportado en poucas horas. Durante a mudanza o escribán ficou atrás do biombo, que foi o último en sacar. Retirárono, dobrárono como un enorme prego. Bartleby quedou inmóbil no cuarto espido. Parei na entrada, observándoo un momento, mentres algo dentro de min me enchía de paz.
Volvín entrar, coa man no peto e o corazón na boca.
-Adeus, Bartleby, voume, adeus e que Deus o bendiga dalgún modo, e tome isto -deslicei algo na súa man. Mais el deixouno caer ao chan e entón, raro é dicilo, foi cando arranquei fóra de min dolorosamente a Bartleby, de quen tanto desexara, necesitara librarme.
Establecido nas miñas oficinas, por un ou dous días mantiven a porta fechada con chave, sobresaltándome con cada pisada nos corredores. Cando volvía, logo de calquera saída, detíñame na porta un instante, e escoitaba atentamente ao introducir a chave. Mais os meus temores eran vans. Bartleby nunca volveu.
Pensei que todo ía ben, cando un señor moi preocupado me visitou, pescudando se eu era o último inquilino das oficinas no n.º X de Wall Street.