(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A prensa dicta ou vai ao dictado?
Comentábame un compañeiro que había moito que matizar na apreciación #3 da entrada anterior deste blogue:

"Os xornais retransmiten a crise en directo. Públícanse os Debates, incluso en Galicia"

Sobre todo porque en concreto esa de Galicia tamén tén crise

O malo non é ter crises, o caso é como se quere sair delas



O que quería dicir, á parte dunha visión positiva, é que quen quere saber algo de de que vai esta Crise, pode sabelo en cabeceiras de calquera quiosco, sen ter que rebuscar en medios alternativos.

Tan grande é a crise que afecta a todo pero que todo todo. ¿Todo?


Son, están sendo blogs e tuiters e feisbuks os medios alternativos?

¿Calquera que reciba un correo electrónico pode enviar unha carta á dirección dun xornal para enmendarlle a plana?
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 21-09-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
a xente move o mundo
algo móvese

-Wall Stret é unha rúa, e a xente anda por ela

-A enerxía nuclear é para a xente, e se non a querem, non a hai

-Os xornais retransmiten a crise en directo. Públícanse os Debates , incluso en Galicia

-O abrazo do oso non sempre é un afogamento.


-Chorar non sempre é pena. Pódense chorar as verdades


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-09-2011 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Mosteiro medieval do século eléctrico (Sta Cristina)

Nos Canóns do Sil proxectan facer unha Central Eléctrica.

Farán unha Balsa de 35 hectáreas enriba, no monte, logo subirán a auga por uns tubos enormes, a golpe de motores auga, que consumen enerxía... eléctrica.
Logo baixarán a auga, en momentos que lla paguen máis cara que cando a subiron.

Por que?

Pode ser, á parte de polo evidente, para gañar PA$TA...

Porque tododiós consume máis da conta. Por exemplo, ao tomar un simple café.
Ao quentarse no inverno para estar como cando estás no verán.

Non queremos sensacións naturais, e por eso se nos cargan as paraxes naturais.
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-09-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal