(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Suaves e Diplomáticos son Anxos
Parece mentira que os grupos que máis pegada teñen en Galicia teñen nomes mainos e pouco atacantes. É a esencia do galego.


Dous dos grupos históricos, con riadas de kilómetros baixo dos pés


-Os Suaves son o grupo de hard rock máis potente ca un coche diésel.


-E os Diplomáticos teñen dito por esa boquiña máis lindezas e verdades ca moitos punkis adolescentes.

Ámbolos dous en Ourense, hoxe, sábado 18 de setembro.


Esas conxuncións só pasan en Ourense, que todo acontece ao mesmo tempo. O sol e a lúa, o demo e o arcanxo do mel.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-09-2010 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
acción no MARCO ao teu alcance
Antes de que se me esqueza!!

O día 19 remata a mostra no MARCO de Vigo dunha superreunión da colección do CGAC. 89km
Sobre varias temáticas da Arte contemporánea (a reflexión sobre o propio espazo museístico, a visión de si d+ artista, a globalización...) cada sala tén un grupo de propostas


Hai un video que disfrutei coma nunca. 33 minutos. Empecei-zamos algo sorprendido, e pouco a pouco a xente que alí estaba rematamos a gargalladas de complicidade.

David Bistué e Marc Vives, santos da miña devoción para sempre.


¿Que é unha acción performática? Depende
¿O humor é unha reflexión sobre si dunha persoa intelixente? Dixéchelo ti
¿A Arte contemporánea é un canto a Onán chorando de pena pola incomprensión? Falar é barato


Pero non pasa nada. Non fai falla a vosa presencia física. Internet é así
Zás


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 12-09-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Hai máis traballo do que se pensa
di o Ministro de Traballo que non hai traballo
di o Ministro de Cultura que o que queda é a agricultura
di o Ministro de Fomento que o mellor é que non morremos no intento

E que mellor que uns poucos se ocupen dos problemas de todos.


O bó deste mundo de opereta é que se retransmite polas canles oficiales, xa non é preciso facernos radicales.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-09-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal