(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Falando de Torres
O Premio Castelao de teatro no 1966, fomentado pola asociación O Galo, levouno Xohana Torres cunha obra chamada "Un hotel de primeira sobre o río", cinematográfica e reivindicativa. 1966.

Leo en 1968 compostelán, 16 testemuños (de Gurriarán) , que se fixera unha campaña moi curiosa:

A Campaña do Peso: Pedíase un peso cidadán para acadar un Premio para darllo a unha obra de teatro en Galego. Eis o Premio Castelao.

Por Subscripción popular. Durou varios anos.
Alucinante. Sen agardar subvención. Sen montar unha sociedade anómina.

Agora só se parece a eso o GALEGOLAB, na que a xente propón experiencias de apoio ao galego, que se autoorganizan e autofinancian.


Torres dende as que observar o decurso dos tempos.
Torres dende as que defender o propio
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 19-07-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
torres, nadal, rossi...
¿Terán algo que ver
Torres
Nadal
Rossi

e Teo



Se dixésemos que si, falaríamos dunha certa mafia, que fai que
-a un parapléxico non se lle permita por 300 euros
-o que a un deportista de élite se lle permite por 60.000.

Unha revolución dos límites da medicina, estase a forxar en Santiago de Compostela.


Pero vós non o v€r€d€$
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-07-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
sen máis, con máis, ou memos
Voltar é unha constante, unha vergonza, unha carraxe, un esluimento, unha prótese, unha victoria, un arredemo, unha escea central dunha película, un esbirro no medio dunha curva, un soño vespertino nun incendio, un caldeiro de auga no inverno

Rectificar é de sabi+s, pero recoller un intento
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-07-2010 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal