(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANDAR ELECTRIZAD+ ou ALUAD+
Nestes días de conmemoración da chegada televisada de 3 humanos á Lúa
que mellor que ler "Viaxe á Lúa" de Cyrano de Bergerac. Unha alfaia, do XVII, pero con imaxinación do XXI. Alí xa se fala do mp3 e o móbil.


Estou metendolle man á adaptación da historia de Cyrano, pero dende a perspectiva de muller.

Así, a ver se a fin do verán damos a publicitar a Bioloxía das Grandezas :) con :
1.-"A doma da donicela", de W. Shakespeare (que xa están feitas as 2 versións),
2.-E esta preciosa historia (que non acadarei en verso, senon en prosa parafraseada)
-"Cyrana de Bergerac", de E. Rostand (e un servidor).

Xa falaremos.

Pero mentras, andivemos a presentar o Bici Espectáculo para este xoves 30.
Un espectáculo de Luz e Son, xerando electricidade con bicicletas, en Ourense.


Estando tan fora de órbita coma Cyrano, é normal facer toladas, e facer o mundo ao revés.
Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-07-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
ONCE só é unha vez, non once
Proxectos chulos coma os de ONCE (léxase "uanss").

Eses proxectos que lle apetecería facer a un coma min.

Resulta que o rapaz-director foi músico, e tocaba nunha banda cun tal Glen.
Pásase ao cine, pero decide facer unha peli con música. E fan entre os dous colegas 10 ou 12 cancións. E constrúen unha peli dun músico de rúa, que arranxa aspiradoras, e que se pasa a hora e media da peli cantando cancións con máis fibra ca un bañador moderno, e coñece a unha moza checa que toca o piano e se lle mete na vida.

E non lle importan os planos trementes, nin aguantalos para ver como miran os personaxes. E van pasando as cousas, e os persoaxes son interesantes porque viven unha vida con emocións reais, e complexas. E parece que contan a historia dun fulano que ves pola rúa calquera día na túa cidade preferida.

E a vida segue, e as emocións son case sempre dúbidas, e nunca certezas, e non é emotional ter unha vida sen motion (ou mouxion picxure)
.


Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-07-2009 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Toront+ serás ti
Importalle ben pouco á xente o que diga a Academia, de se Gallego é sinonimo de Tonto en metade do mundo coñecido

É Absolutamente certo que + galleg+ list+ non é.


Que máis dará que non exista Apostol na capital do Apóstol. Tampouco é auga o que se bebe.
Podíanse facer peregrinacións infinitas. A xente só se move por unha ilusión.
O que se move sempre é un espellismo.

Estou buscando a foto dA pintada que pillei unha noite tonta en Santiago de Compostela, que di "Yo no tengo un pelo de tonta". en breve.

Polo de pronto, un video (sen visual...) que foi o último compartido antes de irme antonte con compas de traballo sobre as viaxes de ida da casa. Que calor...

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-07-2009 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Despois do cine frío, un sorriso morno
Se fai calor non sempre é bó ir a ver unha peli no que a xente pasa frío, moito frío, coma en Import Export.

Facendo un ciclo de verán de Cinema das Nacionalidades, o interesante é que a xente volva.

Despois de aturar o inferno da inmigración austriaca (e en xeral a de paises occidentais)anque sexa na ficción,
vou ir ver Pagafantas en sesión xuvenil.

Eso ou seguir suicidándome ao sol.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-07-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
experto en menudencias ricas
Acabo de colgar unhas outras 3 miniaturas, pero en video:

-Se eu fose vaca nas Uceiras
-Western en vilapequena
-Unha Mañá nas Terzas

3 xoguetes sobre unha das clas de vaca autóctona galega: a vaca vianesa. (Mirade na Web de BOAGA)

Criadas pola vella, e pola nova en ecolóxico.

Ceibes nos montes e lameiros da media montaña ourensán.

Esta é como a introducción que fixera xa daquela, antes de meterlle o dente ao reportaxe e entrevista en fonduras, que xa se sacará.
Coma tres xoguetes coa idea da paisaxe, a herba e o pastoreo.


Ían encargarllo a unha profesional, e logo quedáronse con alguén da familia. Mira ti.
Xa onde vai, pero máis vale tarde


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-07-2009 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal