(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Mundo Persistente de Fer Epelde e Tito Asorey, nowadays
Si, está ai. Tan cerca que da medo. E non hai valados. O mundo virtual é unha parte do mundo real. Está insistentemente aí. Revirtual.



A peza de Fernando Epelde (O Mundo Persistente, (CDG 2016)é encarnada por Tito Asorey pero é o resultado dun traballo común. ¿Que queremos contar? Porque se nos pode ir das mans. Coma os xogadores. Xa non hai xogadores compulsivos. Hai xogadores como hai futbolistas, hiphoperos, jevis, folkis. E ainda máis ca un xeito de vivir, unha filosofía, é un método. Xa non é underground nin ciberpunk. Por iso debe aparecer no teatro público.

A min produciume sensacións constantes de estranamento e afirmación. Estranamento porque eu non son un gamer en liña, e afirmación porque sei que esa é tan realidade coma a dun veciño que vive no piso do lado, e escoito pegar tiros, facer carreiras, ou comer nachos.

Haberá algun dia refuxiados virtuais? Haberá que facerlles un sitio.
Haberá que cambiar a morriña e a saudade por gamerriña ou saudade off line?

Unha das películas máis emocionais e descorazonadoras que teño visto é Her, de Spike Jonze. O virtual, se produce sentementos reais, é real. Igual ca ser do Barça, comer comida envasada, facer turismo en avión, votar nas eleccións por unha persoa que viches na tele. Xa solo son gustos, pero están incorporados.

Que as personaxes que se encarnan en xogos virtuais comproben que teñen emocións de vida e morte, desexo e diversión, manada e soidade. E que sufrirán por moito que exista un Master programador ou un sistema intelixente en constante evolución. Que sufrirán, anque permanezan.

O mundo virtual non é unha relixión, non tés que te converter. Solo deberiamos elixir aos sacerdotes e aos servidor@s.

O teatro servenos para encarar as realidades. E viva este teatro, de xente nova e real.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 10-06-2016 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal