(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acabar co cabaré
Hai xa un tempo que tiña algo que contar pendente

A horrísona peza do CDG, "As Dunas Free Spa", nomeada como cabaré é un refrixido curioso. Nin chicha nin lambetá.

Curioso que chamen a artistas a facer o que xa sabemos que saben facer, páguenlles ben (pois se non)e agarden a ver que pasa.

-Cando o teatro institucional se pón reivindicativo boto a correr.
-Cando se fan encargas de empada córrese o risco de que o forno che estrague (ou che roube) a mantenza que crías que tiñas
-Cando se refrite o xantar fresco hai xa horas non vai a cousa.


Se queren ver o orixinal, vaian a ver a Pepa e Davide, hoxe pola noite ao Ultramarinos de santiago.

Eu non vou ir, non é ano santo.


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 30-06-2009 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Facer memoria extra contra o alemán
-Neno, como era ese alemán que me trae tola?
-Altheimer, aboa, Altheimer

Non é de corazón o peor de morrer. O peor é non ser consciente do desfrutado. De que te vexan coma un/ha pirad+. Ou arrepentirse.

Normalmente nas demencias dase un efecto pernicioso de só lembrar o máis vello e unhas poucas cousas do case último.

E hai cousas que te enchen de orgullito, que se cadra é un xeito de ter as neuronas contentas.
Hai un mes (ha) estabamos argallando cousas EXTRA.

-pelis Extra, que gañaron outr+s vell+s alumn+s
-inventos Extra (con música tamén Extra)
-acrobacias Extra
-

Parece mentira que todo esto sexa un Extra.
Que o bó sempre aconteza Extra.
Que o Extra sexa o Troncal.
Que aprendamos como cabron+s e sen querelo (...)

Extra ordinario.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-06-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
A enquisa do galego é unha verbena
Non é cuestión de se queres máis a papá ou a mamá.
É cuestión de situación, non só de preguntas.
É cuestión de esquizo-frenia (mente-partida)

Vostede con que película se identifica máis?


-----------Con un fulano orgulloso do seu anque con apellido castelanizado. Rematou pirado da cabeza, claro.

------------Coa chulería do director madrileño. A escea non tén desperdicio, porque estamos afeit+s ao reciclown.

Cadaquén é don+ da súa historia.

Curiosamente, un servidor nacendo e vivindo ao carón da estación por devoción, meus pais non me inculcaron(ou encalcaron)no galego.

Esto é o que eu chamo, "Suicidio a la Gallega, 1ª parte".

Comentarios (2) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 23-06-2009 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Estes rapaces son nosos
Un grupo de folk rock caralludo, que fan un directo cada vez máis consistente e potente son:

Os GUEZOS

¿Que ten que ter un grupo de músicos, así dende fora, para que "chegue"?

-1º: Grupo. Consistencia. Tocar a unha. Ás dúas. Ás tres. Mallao. E a seguir.
-2º: Cancións. Propias (mirade ás da web, pero son "de estudo"). De repertorio (As cancións que funcionaron teñen que ser tocadas cada vez máis e mellor. E xa teñen unhas cantas Ben Malladas). Boa escolla de versións e aqui tocáronme unha preferida (Hai que saber de quen beber)
-3º: Unha persoa que dea a cara e anime o cotarro. Se tal hai 3 ou 4 mellor.
-4º: Estilasso. A fusión tamén é estilasso. Todo o anterior crea iso. A esencia. O que chega. O que somos ante os máis.

Da gusto. Un servidor tivo a honra de facerlles a locución de presentación na súa primeira actuación no Café Plaza de Ourense, alá no... Eu todo o que sexa botar unha man, anque sexa apousado na barra.


(Guezos sigfnifica “rapaces” en barallete, que é a xíria do oficio dos quincalleiros e afiadores ourensáns. Hai palabras que se acoplaron ao común por exemplo “canguelo” significaba “medo”)

Tocan o 24 mércores en Ourense
(con Budiño e Kepa Junquera, iso si), e tamén por aí nas túas festas.
Chamádeos, e a festa está asegurada. (Non vou a comisión)
(Foto da web do grupo)

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 22-06-2009 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
A obra de Dacosta, ao descuberto
No inicio programa das Festas de Ourense 09, á parte da supermontaxe de Zancalino, pódese ver teatro universitario.

Dende hai lustros, a obra de cada ano de Dacosta, tén esas características propias das obras do dramaturgo ourensán coa compañia Maricastaña:

-Obras corais, nas que todo o mundo fai moitos papeis, e a persoaxe principal pode ser a mesma persoa varios anos.
-Todo o grupo está ao servizo da obra e o director. Se hai talento, ben, senon, se lle supón o esforzo.
-Hai moito movemento escénico, innúmeras entradas e saídas de personaxes, sobre estructuras escénicas en pasillos con alturas, e a enerxía e as voces se impoñen a golpes.
-Téntase facer unha crítica ao Sistema intrínsecamente fascista, e proponse que a salvación sexa a ilusión da xuventude. Policía e outras forzas do orde fascista, interpretadas en paroxismos.
-Unha montaxe de luces impecable que salva xunto coa música, momentos de baleiro de emocións.
-Un apoio dun texto clásico e coñecido, e coas aportacións de traballo interno d+s actor+s.

Logo o "HIDE (oculto)" de Dacosta deste 2009 aporta o seu punto de vista sobre "Dr Jeckill e Mr Hide" de Stevenson. Con certas particularidades escénicas, --á parte da fórmula Dacosta-- son:
-O desdobre de actrices (mulleres ambas)para representar o Mal e o Ben.


Ese conflicto da obra orixinaria é o que se establece entre a procura dalgo novo, e o risco de estirar tanto a dobre personalidade que nalgún intre perdes o control dos teus actos.

Comentando e lendo en moitos foros, o "Dr Jeckill" de Stevenson é unha fábula do alcolismo na fase tóxica, como moitos que saiban poden comprobar.
Tamén o risco que hai no ser humano de ser sinceiro cun mesmo, ou de deixar sacar o salvaxe que tododiós leva dentro.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 21-06-2009 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
As cousas hai que pedilas POR FAX
Ourense repite, non vaia ser que lle digan que choveu o festival FAX de música.

Por eso non había que ir a Santiago a ver a Adanowski.

Por eso hai que facer homenaxe ao Suave. Non hai nada como ser un tip+ duro por fora e doce de miolos para ser heavy nos 80.

Suave de Pel


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 19-06-2009 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de Partida

O teatro do absurdo tén mala prensa.

Samuel Becket foi secretario de James Joyce, que tén mala e boísima prensa.


Hoxe ás 21,30 da Sala Nasa de Santiago, unha mistura de absurdo e pánico, coa representación da adaptación de NNC de "Final de Partida" de Beckett, con textos a maiores do enorme Jodorowski

Fin da etapa de xogo? Xogo Final? Fin e Partida? Peche de Xogo? (E iso que a traduciu o propio autor)

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 17-06-2009 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Palíndromos somos tod+s
O outro día puidemos ver a curta "Palíndromo", dunha ourensana de pro.
Ben sinxelo semella, pero non o é tanto:

-Unha idea
-Un desenrolo desa idea.
-Unha producción desa idea.
-Unha distribución desa idea.
-E máis

Estudou Comunicación Audiovisual. A alguén lle valeu de algo.

¿Valen para algo as Escolas Artísticas? ¿Ou xa vén todo da Nai Natureza?

Para tod+s as que din "Amo la pacífica paloma"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 16-06-2009 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Finalmente deu de si, o clown é cultura
Coma se fosemos traballadores que fichan no traballo que é vivir, imos ver se o conseguín. Creo que non se acadou o 50%. Pero que a gusto quedamos.


UN
A visita á Fundación Granell (praza do Toural) debería ser recomendada a todo o mundo mundial. É un privilexio.

-A coleccion de Guy Ducornet, un clásico do surrealismo Boston USA
-A colección do propio Granell, os seus achádegos incuestionables. Alucinei coas bonecas ready-made. Isabel a católica cunha lata de espárragos, e outras belezas.
-E a colección de máscaras que recolleu Granell, no seu exilio.

(Estamos na investigación do Clown
(impresionante a película "El clown y el fúhrer"), o outro día estivo Paco González invitandonos a un curso sobre Clown e Máscaras en Valdeorras, no mes de xullo. E encaixáronme certas pezas)

DOUS
14 libros de ocasión na Feira.


TRES
-Mostra de Curtametraxes de Intermon.
Entre varias e durísimas historias de nen+s bolivian+s de "huele-pega"
había outra impactante dunha xente arxentina que se fai chamar Maniac Planet. A que se proxectou foi a da profesora de armas "ahora no valen lágrimas"

CATRO
-A 10ª Festa do Circo foi un superlativo colofón ao día que empezou noutro universo paralelo.

Por eso merece unha Entrada á parte.
Como cada unha das cousas do venres 12.
Para rir, e para chorar.




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-06-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Quen da máis?
A verdade é que está ben dificil escoller nesta vida.
Andando pola capital, un hoxe calquera, unha persoa calquera pódese topar cun carrusel de estímulos coma no Circo mesmo.

0 Ás 4, O artista surrealista na Granell
1-Ás 5, Os desexados e benqueridos libros de ocasión, na Alameda
2-Ás 6, +s tocador+s de historias, no Museo do Pobo.
3-As curtas con enfoque didactico social, na sala da Caixa
4-Ás 8, a peli galega da novela galega da novelista galega
5- ÁS 9,30, O propio carrusel do Circo Galego

Esto parece o da enquisa. Marque o número que lle conveña. Ou tamén, "BAilad, Bailad, Malditos"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 12-06-2009 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
DECALOGO APURADO DE CINE
Coma Moisés que alucinou co dos 10 mandamentos, e vaite ti saber a pelicula que pasou na realidade, con aquelo da matogueira que ardía e lle falaba ;)

Decálogo apresado de porfavores do cine u-tópico (onde está o tópico?)

1.- Os diálogos, mellor simplificados ca simplistas.
Agochan unha merla en cada esquina, en cada xiro, en cada resposta.

2.-As personaxes teñen dereito a defenderse e explicarse, anque non a contarnos a historia que tén que contar o guión e a dirección.

3.-Os planos, son acompañamento ao estado emocional das persoaxes, e do que terán as espectadoras.
Para describir non só se fan pinturas ou fotografías. En canto ás descricións da literatura, o punto 2.

4.-Unha vez que se entende o visto, sempre pode quedar algo de misterio, pero nunca de obviedade ou redundancia. Antes co caro do celuloide esto estaba máis claro.

5.-Todas as historias están por contar, outra vez, de novo. Pero cada punto de vista persoal é obviamente único. Explorar os tópicos é un homenaxe á tradición, e vivir das súas rendas unha traición.

6.-O tópico é a pedra para a escultora: algo a labrar. A pintura para a pintora: algo a desfacer e expandir. O papel para a escritora: algo a encher.

7.-O cine ás veces é un espello, ás veces unha palla, ás veces unha apaleadora. Pero tamén unha linguaxe artística. Tanto a evasión coma a fondura estética poden artellarse.

8.-O que contas, máis o que evocas, máis o que se interpreta.

9.- Son posibles mil historias, da combinación dos anacos. Hai unha historia distinta con tan só un suspiro de máis.

10.- Non hai máis remedio ca escoller. Escoller é propoñer. E para escoller hai que recoller antes. E despois de escoller coallar.



Deste decálogo-opinión, só hai un único culpable. O que asina. (por se alguén se sinte aludid+)
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-06-2009 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal