(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMOS XUNTARNOS CON OUTR+S
Resulta que hai un tempo, uns amig+s do Centro Xeométrico do País, ou sexa, tirando entre Melide e Agolada, que constrúen cos seus blogs tan chulos unha cultura de País máis completa se cabe...

Convocaron reunión ou concilio, unha XUNTANZA DE BLOGUEIR+S.

Os Amigos dos Pendellos (que son quen está tentando recuperar os Pendellos da Agolada, unhas estructura de feira histórica) van facer o anfitrionádego, e imos coñecer tamén o marabilloso Sobreiral do Arnego.

Por amizade, por curiosidade, por interese, e por que non, alí me vou, a coñecer compas.

Xa vos contarei
(mirade no Blog da Xuntanza, e as derivacións, comentarios, fotos e achuchós)

---------------------------------------------
E XA ESTOU RUMIANDO A RESPOSTA AOS COMENTARIOS DE "R" sobre a Triloxía das Miniaturas, que están na anterior entrada
Comentarios (11) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 30-05-2008 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
IUHU HUI Un comentario!!!!
O artigo: A FORTALEZA DAS PERSONAXES

Recibiu o seguinte comentario (que transcribo íntegramente):

"
Creo que Ana es una mujer que todos podemos reconocer, al margen de que nos identifiquemos o no con ella. Yo la reconozco y no me identifico con ella, pero eso no tiene por qué impedir que la comprenda. Supongo que necesito saber más de esta mujer: ¿trabaja fuera de casa? ¿tiene intereses propios? ¿en qué piensa cuando no piensa en Augusto?...

Por ejemplo, en la escena 5 (pags. 20-22) mantienen un diálogo en el que después de mostrarse Augusto como un individuo egocéntrico, despreciativo y absorto en sí mismo, Ana todavía dice: “Non me importa. Compénsame aínda”. ¿Por qué? ¿qué le está dando él?. Para entenderla debemos ver qué es lo que ella ve en Augusto ¿será sólo el atractivo físico?.
¿Y cómo puede mostrarse como una geisha resignada en esta escena y en la siguiente tener ese maravilloso arrebato de dignidad?: “Se non queres o que che ofrezo e é teu, vaite. Mirareino crecer eu soa. ¿Quién es Ana?. ¿Qué pasa entre la escena 5 y la 6 para que ella levante por fin la cabeza?. Me gustaría escuchar sus reflexiones en voz alta: ¿es el hijo que espera el que la hace cambiar? ¿el convertirse en madre una vez perdida la suya le da valor?.
Así como Augusto pone en boca de sus títeres lo que no se atreve a decirle a su mujer a la cara (es más vehemente y más verdadero que cuando habla por sí mismo) también ella tiene que poder mostrar su frustración ante la madre que la sobrepasa y la pareja que la menosprecia.

En la escena 1 de Monicreques (pag. 14), podrías explicar las circunstancias en que se desarrolla el diálogo porque las frases son como disparos (ahí hay un mosqueo considerable) ¿de qué estaban hablando cuando empezó la conversación?, me resulta artificial que esta mujer diga “¿Vas quererme sempre?”; de ser ingenua a ser tonta perdida todavía hay unos cuantos pasos...

En la escena 3 (pag. 18) la frase entrecomillada “se facemos todo o que nos teñen ordeado... no me gusta, desentona su redacción en medio del parlamento de Jaime.

Y hay un detalle de puesta en escena que no me convence demasiado en la 4 (pag. 20). En ella se disponen a comer en una mesa baja, japonesa y ella se sienta como una geisha: por muy influenciada que esté por su madre y sus bonsáis, no forma parte de nuestra cultura y además es un subrayado innecesario: a estas alturas de la obra queda claro cómo está la autoestima de la protagonista "


(POR FIN, POR FIN, POR FIN, POR FIN, POR FIN)
Contestarei noutra entrada (di o orgulloso autor)
Comentarios (4) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 25-05-2008 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AFECCIONADO (II)
Outra cousa que podería distinguir o Teatro Afeccionado do Profesional sería o da

----------"EXPERIENCIA"----------------------

Podémonos referir a:

1.-Experiencia que teñan quen están enriba da escea.
Que non é distintivo, pois hai persoal "afeccionado" con 30 anos enriba da escea.

Está claro que canto máis se practique o oficio, mellor sae. E claro, con máis medios, pois mellor ainda.


2.-EXPERIENCIA EMOCIONAL como espectadores que somos.
Se cadra as obras de teatro profesional deberían de chegarnos máis, pois máis é o esforzo e o oficio.Pois tampouco.


Cada vez hai máis teatro afeccionado que chega a emocionar (que é do que se trata, o demáis é simple negocio ou relacións laborais), a facer vivir emocións, a manter ao espectador nese estado de liviandade, de comprensión da alma humana, no que chamaríamos experiencia emocional intensa.


Pois eso, que estaría ben que persoas que saben do oficio e da linguaxe do teatro, poideran seguir adicándose a eso durante moito tempo, para que toda a xente disfrutaramos máis.






Comentarios (28) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 20-05-2008 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AFECCIONADO (I)
Non sei ben observar a diferencia entre o Teatro Afeccionado e o teatro profesional
(HAI QUE TER EN CONTA ASPECTOS ECONÓMICOS ? )

+Se é o de cobrar por actuación
+Se é o de que as actrices e actores poidan adicarse a elo como actividade persoal e profesional (cobran paro, pensión, van ao médico...)
+Se alguén cobra na producción do espectáculo (as costureiras, as carpinteiras, as soldadoras, as da tenda de enfronte, ¿e as directoras?)
+Se é o de estar ao día nos pagos á Seguridade Social, IVE, ... (Se somos Asociación ou Empresa)
+Se é o de ter moitos gastos ou poucos (dependerá da producción e da cantidade de xente, de se teñen local...)
+Se ...


¿É unha cuestión meramente laboral ou económica?
¿Para todas as persoas do grupo?

Comentarios (20) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 12-05-2008 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
A FORTALEZA DAS PERSONAXES
Onte mesmo recibo apreciacions moi interesantes sobre a peza.

Se nun principio esta claro que a protagonista e unha muller, parece que non cumpre cos "estereotipos de protagonista"

Se cadra o estereotipo de "protagonista" cadra moito co "Ser Masculino": explorar, buscar obxetivos lonxe de si, ser teimudos ata acadalos a si, e loitar contra todo o mundo, morrendo e matando se fose preciso.


En todo caso, na Teoría de Personaxes dise que as personaxes deberían de ter
=Un obxetivo claro a conseguir
=Unha evolución ao longo dos sucesos
=Un conflicto cun/ha antagonista

¿Enton?


¿Está definido o personaxe da Muller nosa obra como: demasiado pasivo. Acontecenlle cousas, que acepta con valentía, pero con demasiada resignación?
¿Non consegue ser heroica?
¿Deberia ter outros empeños?

¿que muller se identificaria con alguen así?
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2008 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal