(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III 24 hrs de teatro na Casa de Ourense
A xente de teatro relacionados coa Casa da xuventude de Ourense (que é a "Factory" Cultural máis importante do interior) están hoxe 29 de marzo 08 a argallar por 3º ano consecutivo as
24 hrs de teatro.

Empezamos ás 9,30 de onte venres 28, con esceas (Ale e Rebeca, con texto de Luis), música acústica (Marea Negra) e étnica (Pedro), maxia de cerca (Mago Pei), malabares de luz negra (Olmo e Celso), e o Match de Improvisación (Catro Equipos, pero Fer, Luis, Rosa e Elva (equipo dos corazóns, --leivmotiv: Xogos de cartas--) gañador+s na votación do público!)

O Tema co cal 6 persoas (Luis e Alejandra, Iago, Manuel e Fer, e Juanjo) pasaron a noite a escribir esceas a partir da frase que saíu dunha das tarxetas ao azar escritas polo público foi:
"En Londres, no séc. XVII interpretando a Shakespeare"

Hoxe ás 8 representamos esas esceas que estamos XA ensaiando.

En Londres, hoxe, Kevin Spacey dirixe un grupo, entre os cales están 20 asturianos, facendo tamén --ás oficiais-- 24 hours plays.

Non hai color, claro (Si talento a eito).
E aqui a xente está pasándoo como na vida.
Por 3º ano consecutivo.


(En que se diferencia, ao sentir do público, un espectáculo ferozmente improvisado e producido, dunha gran producción de meses do teatro profesional que pasa por provincias?)
Comentarios (4) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 29-03-2008 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
E MINIATURAS (III)
Hoxe ponse a vosa disposición o texto de teatro
A TRILOXIA DAS MINIATURAS.

É un verdadeiro pracer e privilexio estar na REGUEIFA , compartindo esta pequena creación.


NEste blog :
Eu irei poñendo lugares comúns, arredor da peza, do teatro, cos que poder conversar coevosco.

Gostaríame enormemente recibir eco do escrito, anque fora hai xa tanto tempo.


Ao mellor podemos chegar máis alá do que a simple e solitaria escrita.

Un saúdo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal