(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Benito Losada, para sempre un devanceiro esgrevio
Unha personaxe histórica tén a amplitude necesaria, e a coherencia precisa.

A coherencia dun Xestor Cultural Público:
-A fidelidade na amizade (moitas persoas beneficiarias do seu traballo o consideran amigo)
-A confianza nas persoas mozas (un practicante da Co-xestión: un presuposto xestionado libremente polo Consello de Xestión)
-A lealdade institucional (traballou para e con todas as cores políticas, dende o seu papel)
-A colaboración perenne, a procura de toda axuda externa posible.
-A regularidade sistemática na sementeira cultural (cando hai actividades que duran 10, 20, 30 anos, manteñen áreas completas)
-A asunción dunha dirección constante e innegociable


A conxunción dos contrarios:
O kaiser con humildade, a hiperactividade parsimoniosa, a timidez sociable, o servizo público personalizado, o xefe currito, a disponibilidade da Institución, o delegado de Juventudes do Movimiento que propón galeguizar a OJE e nomea a un comunista como xefe da Casa do Frende de Juventudes, o colega xefe da OJE de Lugo dos 60-70 con Mini e Mero.


---------

Faríalle gracia, con envexable humor discreto que tiña, que agora o homenaxeen imprecisamente como "debuxante, home de teatro, nacido 10 anos máis tarde..."
Sobre todo que a xente o sinta como que estaba en todo. Sen lucir. A xestión cultural coma unha das Belas Artes.

Se para que creza algo é preciso un pai e unha nai, un espazo e unha circunstancia, el estaba aí.


Non lle gustaban as homenaxes nin o afagaran. Escapaba do superfluo, acometía o imprescindible.

O que lle gustaba é que a Xente se Movera, enfrontándose aos seus soños.

NON DEIXEMOS QUE O LEGADO DA CASA DA XUVENTUDE de 30 anos ESMOREZA na Administración en 1 só.

Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 07-02-2011 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal