(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Antroidos (un cada persoa)
1. No interior fai falla máis morro
Un alumno disfrázase de Pirola-man en Lalín e gaña o concurso de difraces con xurado de profes. Vai de parella cun travestido perfect+. Concursan co eslogan "Amigos inseparables".

2. Irrecoñecible en Xinzo
-¿E ti de que vas disfrazad+?
-Joderrr, que vou de Ángel


3. Freud en Verín
-Oes, e logo esa "mascarita" que lle está metendo man ao meu mozo non se parece a miña nai?
...
-Oes nena, non saberás onde está túa nai, que a perdín de vista hai media hora?

4.-


5.-


6.-

Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 23-02-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
REGRAS BASICAS PARA O ANTROIDO SEN REGRAS

Regras básicas:
-Comete excesos (chega a primavera).
-Descolócate, inventa, proba, divirte e divirtete.
-Non repitas disfraz ningún día.
-Non lle contes a ningúen de que vas ir disfrazad+. Non eres ti.
-Nun disfraz Vale todo. O Antroido é o Mundo ao revés (ou todo á vez).
-Observa, interacciona e aporta a túa enerxía persoal.
-Vai a onde se garde unha boa tradición de Entroido (o Entroido non son caralladas, é unha manifestación telúrica antropoxénica...

Anque:
...de carallada)
...Podes repetir disfraz, se gusta moito (total...)
...Podes preparar o disfraz con alguén para pasala mellor aínda. Se sodes 3000 mellor
...Podes crear o teu propio antroido, anque sexa portas para dentro.
...Podes mirar só, ou escoitar que foi, ou deixalo para outra.


Non é o Teatro máis fondo que existe?




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 19-02-2009 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
EN VEDRA NON SE QUEDAN CURT+S
Levan 15 días de Xornadas de Formacción Audiovisual en Vedra e teñen miga para rato.

O sábado 14 na Casa dos Peóns,(a pé de N-525) houbo unha sesión ben variada de curtametraxes, cada unha aportando súa visión da arte e do mundo:

-Unha coa gravación da realidade parecendo máis ficción
-Outra coa gravación dunha escea de teatro e sol.
-Outra coa gravación en imaxe real dunha historia de mesmo debuxos animados
-Outra coa gravación dun elemento moi cinematográfico: a bici. Gran fotografía.

Foi mágoa non poder ver o recén forneado traballo de Lara Bacelo "Varona (parirás coa dor). En vez dese , viuse "Territorios (I)", que impresionou igualmente (sobre todo por unhas curiosas imaxes dunha das persoas ourensáns máis relevantes e universais) /vexan e adiviñen, hai premio/

O sábado 15 queda o fin da festa.
A min quédame o regusto do aprendido.

Noraboa á Asociación Verea
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-02-2009 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cine independente galego (I)
O primeiro as miñas desculpas. Non vou de listo.
Seguimos con cineastas independentes: ¿como relacionar Jim Jarmush con Galicia?

O cine galego ándase buscando. Non tén identidade. Por eso hai xente á que se lle asocia con coñecidos cineastas.

Plantexemos un caso práctico (e real):
Temos dous cineastas galegos (que vostedes terán que buscar, porque non vou dar nomes, polo de agora). Aos dous asóciaselles con Jim Jarmush.

-Un deles quere ser a próxima xeración do cine galego. Ao outro dalle absolutamente igual.
-Un deles fará pelis ( e outras obras artisticas)durante varias xeracións. En tódolos formatos posibles. O outro depende.
-A un deles déronlle varios centos de miles de euros para facer unha peli. O outro búscase bastante a vida.
-A un deles non lle gostan os saraos, compadreos, capeliñas, e vai ao seu.
-A un deles déronlle moitos premios.
-A un deles dinlle que é moi radical e independiente nas súas propostas.


¿Que cren vostedes que acontecerá? (co cine galego, e con estas dúas persoas)


Comentarios (3) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-02-2009 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
GUSTOS E DISGUSTOS
Nestas épocas de reflexión-acción e reconciliación co teatro, doume conta:

Gústame poñerme na última fila
Gústame ver ao público todo, coas caras iluminadas nas primeiras filas
Non me gusta poñerme en 1ª fila
Adoito chegar tarde sempre
Adoito alongarme nos espectáculos
Góstame quedar a charlar das impresións en fresco da obra, na entrada, mirar as caras da xente que sae
Non me gosta afogar +s artistas cando saen
Gosto moito de falar dos procesos de creación
Prefiro a sesión de autocrítica ao rematar, en fresco, coa xente que estivemos ali riba
Non me gustan as maquillaxes
Sorpréndenme as maquillaxes, ocúltanme a cara d+ act+riz
Gosto de actuar coa miña propia roupa de diario
Encantariame saber coser un vestiario
Debezo por mellorar a obra en cada función
Adoro ter a sensación de que o texto é inmellorable
Gústame ensaiar tanto coma actuar
Gústame ver as obras a medio rematar
Encántanme os dobles finales



E a vos?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-02-2009 02:50
# Ligazón permanente a este artigo
OPENING NIGHT, a peli sobre o teatro
Chula, desacougante, e emocionalmente saturante (para min, nestes intres).

Opening Night (Día de Estrea), escrita, dirixida e interpretada mesmo por John Cassavetes, e a súa propia muller Gena Rowlands...



Para os que somos afeccionados ao teatro, eso de que nos amosen a parte persoal e crúa das personiñas que argallan unha función, tentando vivir do asunto...

A escritora esixindo que se respete o texto
Os actores-ices querendo quitarse as pantasmas persoais
O director tentando seducir máis alá do profesional á actriz.
O público que non se decata dos erros, os desastres hecatómbicos da peza, e rí ou desfruta dalgo estrambótico mirando o que se ensaiou de verdade
As actrices-ores, que tentan aportar a súa mesmísima vida á escea, e ás veces, simplemente contándoa no proscenio
A mentira do decorado, o atrezzista despistado, o champán e as flores preparadas
As actrices exprimidas pola súa beleza e ninguneadas pola súa sensibilidade
As ducias de días que a un minuto de empezar estase a un tris de suspender a función por unha catástrofe do máis sinxela

As miserias dunha profesión que depende de tantas cousas imprevisible, evitable e descaradamente humanas...


-----------------------------------
Quen queira rir, en vez de apretar o estómago, que vexa "Que ruina de función",de outro mítico "Independente": Peter Bogdanovich
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-02-2009 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
ESPAZO TEATRAL PARA O CINE

A Caixa dos Aforros está facendo (co seu porcentaxe por lei de obrigado emprego en fins sociais e culturais)
un ciclo de Espazos Teatrais no Cine.

o curioso é o de poder reservar por sms

Calquera delas é ben chula

Hoxe mesmo "botan" unha peli do mítico John Cassavetes
"Opening Nights" na sede da Caixa en Santiago.


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 03-02-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal