(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quítannos un ollo da cara
No gran teatro do mundo,
no que todo o que se ve existe,
e o que non, non

acaban de cambiar un Canal para avanzar na comprensión da realidade, por medio da palabra pensada por un Programa para retrasar a mente a golpes, por medio da burrada.

Ideal para explicar a teoría esa de
Emisor/a- Canle - Mensaxe - Receptor/a
( e sobre todo o esquecido Ruido
)



E a Caverna de Platón.
E a Luckman e Luhmann.

Fantásticos tempos para a Farsa.

Pero tamén me gusta a idea de I. G.: "hemos vivido intentando conocer, entender lo que habíamos conocido y contar lo que habíamos entendido"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 27-12-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
O teatro galego é crítico
Mirando de que vai iso do Teatro Galego do que hai tempo estou desconectado, como se pode observar nas entradas deste Blog, que se creou para publicitar e desenvolver este texto teatral.

Razóns do estado crítico:
-O teatro institucional vai a pique, pola crise económica, a xestión, e a nai que o pariu. (...)

-A nai que o pariu pariuno desmigallado, e desenrolouno sen manter a base social (... C. Pazó)

-Nunca houbo tanta xente profesional da actuación en Galicia, cobrando (... actúan as actrices na TV?, si, non?)

¿Que pasou? (risque cun X)
-Salvese quen poider.
-Malos tempos para a lírica.
-Coma tod+s son expert+s en miniaturismo, o público quéixase de cultismo, frikismo e bruxismo.
-Eu só vou a ver o que fan +s miñ+s colegas.
-Teatros sobran, que hai máis auditorios ca xente.
-Eu fixen teatro no cole, que máis?
-Non dan tanta caña coma deberan
-...


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 13-12-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Peliculas d verdade
18 comidas pode facer feliz a moita xente.

Está unha das miñas actrices favoritas.
Está un dos tipos máis sinxelos e rotundos da interpretación.
Está unha metodoloxía que a min me

A historia desta película foise forxando con 60 horas de improvisacións (gravadas). Da a sensación de verdade, de naturalidade, de "estar ocorrendo agora"

Preguntas:
-quen é a autoría dunha peza que se impovisou entre moitos?
(En principio son só 3 as persoas con dereitos de autoría nunha película: guión, dirección, música)
(Boadella fai unha boa reflexión ao respecto)

¿Que é a montaxe para unha película? ¿é unha recreación, un engano, unha mixtificación, ou un suliñado escollido?

¿Fai falla planificar cando o que acontece é tan abondo que calquera plano é interesante?

¿É o traballo televisivo unha escola de comunicación co público?

A Verdade é unha creación. ¿E que? Tamén o cocido galego o é. Viva a gastronomía
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 03-12-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal