(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MONOLOGOS PORTUGUESES
Na Sala NASA de Santiago, está realizándose un ciclo VIA GALEGO, de teatro de compañías portuguesas.

O venres tocoulle a Trigo Limpo, coa obra "Chovem Amores na rúa do Matador"

É unha historia contada polo home (macho popular, neste caso) e as súas mulleres (interpretadas pola mesma actriz), en monólogos sucesivos.

Non foi a cuestión fonética ou lingüística a que fixo que na sucesión de monólogos, cada personaxe explicando a historia, que nos sobrara o escenario.

Nun caso porque hai cousas que se poden contar coma un conto, e xa está, sobra a escenografía.

E no outro, porque a expresividade da actriz fai que haxa un mundo físico e emocional abondo como para que non faga falta máis ca de apoio todo o demáis. O idioma era un apoio, o cristal un apoio, o coitelo un apoio, os pés descalzos un apoio, e o vestiario un apoio.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 21-12-2008 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
O TEATRO NÚ
O outro día fun ver a última obra de Nut Teatro.

Nela, á parte de consideracións artísticas, dramatúrxicas, semióticas, estado anímico, fase da lúa e gustos persoais plantéxase unha das manías do teatro "rompedor" ou "modelno".

Parece que a última (derradeira) porta da creatividade teatral é desnudarse, a ser posible integralmente.

Demostrará, se cadra, valentía, bó facer, comunicación ao máis alto nivel, o cumio do impactante. Se se mistura con estética sado, vaia, debemos dicir "que teatralidade, ooooh"

Pero normalmente o que se consegue é o que se di en francés "boutade", pronunciado "pretensión innecesaria".


A verdade que este tipo de obras sempre me dan a falar e falar.

Outras máis convencionais tamén, como a feminista "Unha primavera para Aldadra", de TEatro do Atlántico.
Comentarios (2) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 14-12-2008 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AMATEUR, AMADOR ou AFECCIONADO


-din por aí que o teatro amador é a semente do teatro, e namáis.

O de teatro Amateur dáballe un toque máis de cultismo afrancesado e de élite.

E o de afeccionado dalle o que para moitos é: Unha afección, unha doenza incurable, irreversible, crónica e simbiótica.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-12-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal