(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tenreiro é franco e tenro e contemporáneo.
Estes dias acudimos á chamada da Historia coma se nos chamasen a despertar dun pesadelo. A imaxen do 2018 na España Nacionalista que vivimos.

Un artista contemporáneo, moi recoñecido no país e cunha traxectoria indubidable deunos unha lección de arte contemporánea comprometida e anti-onanista, e sobre todo unha lección de historia e de política cotemporánea.
A historia contemporánea que non se ensina nas escolas, e así teñen que vir @s artistas a cantarnos as verdades.


Franco xa é recoñecido pola Historia que tivo que matar e deixar morrer a varios dos seus propios compañeiros do golpe de estado do 36 para poder ser el o caudillo.
Tamén é demostrado pola Historia e os documentos que a os seus xenerais recibiron centos de millóns para non entrar na guerra de Europa, que non foi a cautela do de Ferrol.
Tamén é demostrado que non foi idea del a de construir embalses, encender farolas e inaugurar colexios. Que tamén se facía eso antes del, e que a guerra impediu que España avanzase, se educase, e progresase coma os países veciños de europa.
A xente que cre que viviu en liberdade nos 60 acórdase da metade deses 'os anos yeyes'.
A realidade crúa é que Franco gobernou con miseria moi abrumadora no chamado Primeiro Franquismo, no que fixo o que lle deu a santa gana. Ata finais dos 50 que chegou o Plan de Estabilizacion imposto dende fora da nación española, antes de morrer de fame e ser declarada a suspensión de pagos en España. 15 anos de miseria e racionamento provocada pola corrupción, o estraperlismo, a matanza e exterminaciòn dos que non pensaban coma ese grupo de militares e os aristòcratas que os financiaron. É Historia.
Un goberno con demasiados militares, que gañaron unha guerra contra os seus compatriotas e mantivéronse con excusas e coartadas ( coartada é Circunstancia que demostra a ausencia dun sospeitoso do lugar do delito no momento no que se cometeu) ata que a Iglesia se desenganchou con Juan XXIII o papa bò abrindo o Concilio e Pablo VI meténdo a bispos auxiliares esquivando a prebenda feudal de que era o Franquismo o que nomeaba ao bispo finalmente.
Carrero Blanco, Camilo Alonso, tantos e tantos militares que esquilmaron España e a deixaron sen capital monetario, humano e sentimental, que impediron que medrase coma un pais normal. Logo veu a época yeyé.. que é a que recorda todo o mundo, na que se percibía certa liberdade a pé de rúa, mentras podías ter un salario, poñer minifalda, cantar nos guateques, e agradecías poder emigrar cando o país non che daba para nada do que vías na televisión.
40 anos de excepción. 40 anos de pasar de ser terceiromundistas a ser como a media ou máis xa nas olimpiadas do 92, na que a OTAN domestica aos mandos militares, e está claro que se axudan ben e se non, non serven.
Dicir que é gracias a Franco o avance dos 60 é supoñer que esa persoa ou outra, ela soa pode organizar a vida de 40 millóns con algo máis ca pistolas, represión e migallas de modernidades europeas.
Esa falacia segue presente porque pensamos que votar a un candidato é resolver o país.
Foron milleiros de persoas que non tiñan méritos de guerra, curas progresistas, mestras actualizadas, estudiantes avezad@s, sindicalistas que levantaron os salarios e as condicións da España indjstrializada, funciomarios técnicos non fascistas que abriron portas para airear e emigrantes con preparación foránea quen tiveron azos para gobernar os seus negocios e tarefas e as que trouxeron a Democracia, eso sí cando os que gañaran a guerra empezaron a morrer.
Agora, mortos franco, carrero, serrano suñer, girón, ... non podemos dicir con normalidade que eran os xefes militares dunha sociedade atemorizada a tiros e que son simples mortais que tamén morren e desaparecen?

Ser un artista é poder dicir o que @s demáis pensan pero por frustración, represión e limitacións persoais non podemos. O medo é libre.

Enrique Tenreiro como artista da no punto exacto, centra os temas que expresa coma ninguén, con moi poucas palabras, moi simbólica e certeiramente. Xa o tén denostrado. Dramatúrxicamente é moi sagaz e nesta linguaxe contemporánea sabe traballar moi ben. A paloma da paz, invención de Picasso. Con pintura lavable. En letras de sangue, non de comunismo solo, roxa como a camisola da selección de futebol. E logo a mensaxe, malinterpretada por moita xente desinformada 'non teño nada contra franco nin a súa familia', o que o exime da tipificación do delito se Odio, con penas e cárcere, como temos visto en outros desavisados das leis deste pais de leis.

Aprendamos a vivir coa liberdade interior que se expresa de verdade e sintonizando co mundo que vivimos. Se non, virán os que non saben nin queren entender a ninguén que non pense igual ca os do seu negocio, e dirán que todo esto se resolve a tiros. A época dos Mamuts pode volver.

Temos moito traballo que facer. Artistas que fagan os seu e nós o noso, entre tod@s.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 02-11-2018 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal