(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

a Tradicion do Don Xoán de Defuntos é Galega
A tradicion di que o día de Defuntos chega ao teatro o Don Juan que Zorrilla redactou de encarga en 20 días, e que a leva a ser unha das obras máis representadas de tódolos tempos.

G. Sobejano, no seu estudo preliminar de La Regenta (1) (C. Castalia, 1982, nota 31) cita a enciclopedia Espasa Calpe para atestiguar que foi o actor Pedro Delgado a partir do 1860 que:

"...ha resucitado el Tenorio, convirtiendo en costumbre su representacion en los primeros días de noviembre de cada año".

Uns din que é por ser o día desa estrea o 2 de novembro o que perpetúa o costume, e outras din que é porque a última escea, --na que dona Inés libra da perdición, por amor certo, ao pecador infame D. Xoán--, trascurre no cemiterio entre sepulcros, incluido o de seu pai.

A tradición dese galán xa foi pescudada e RE-presentada en Galicia por Roberto Vidal Bolaño.

Tampouco hai que ir ás recomendacións do bispo de Mondoñedo do XVI Guevara, aquel que laiaba de que a xente tiña o costume pagán de comer e bailar nas tumbas dos seus defuntiños. Pero a tradición é galega igual ca é o Magosto, --non o Samhain-- unha nosa tradición galega--. E non imos buscar, coma con Cervantes, o do topónimo galego Tenorio.

En Alcalá, cuna das letras españolas, e en Sevilla representa nos Cemiterios, e con moi boa acollida de público. Asimesmo, en Lugo, no fermoso cemiterio de San Froilán leva representándose uns anos.


Nota: o da relación da Regenta co D. Juan non é casual, xa que Clarín era un experto no teatro de Zorrilla, e fai que a súa protagonista Ana Ozores vexa unha escea desta obra, nos inicios da novela, que axuda a entender o que lle acontece.
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 03-11-2016 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
FIOT e FITO, as coincidencias non existen
En Galicia, os Festivais de Teatro danse en lugares con tradición teatral, pois os públicos están afeitos a asisitr, e auguran aos patrocinadores un éxito case de antemán.

Acábase de pechar o festival de Carballo, o FIOT, e o de Ourense, o FITO. A confusión pode estar asegurada. En Ourense está a MIT, a MITEU, a MOTI, a MOTA,.... ¿Falta orixinalidade?

O que leva facendo o FIOT en Carballo é unha xesta comparable á de Roldan en Roncesvalles. 25 anos progamando "lo mejorcito del teatro por España adelante". Compañías como Yllana ou Ron Lalá querendo ir anque sexa de balde (ha). E a xente podendo disfrutar

Se cadra aquela tradicion do Teleclub de Carballo e a Asociacion NOS polos 1975 non tén moito a ver co que acontecería despois. E se cadra tampouco moito en Ourense, a implantación de grupos semiprofesionais de teatro xa dende os finais dos 70s empezando a ensaiar na Casa da Xuventude.

O que está claro é que a tradición crease, manténse e se consolida, porque toda unha comunidade adora o rito de xuntarse a escoitar risos e choros da humanidade.


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 03-11-2016 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal