(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para 18 comidas, Lugo

Tosar é de Lugo.

Coira é de Lugo.

a Peli 18 comidas é de dous (ou 3) de Lugo

Lugo pega no Cantábrico

Pero realmente eles eran do Atlántico.
Esa era a Peña

E gracias a ela, temos unha xeración


Pero desta vez, hei ver a peli antes, non vaia ser.




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 24-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Beat and Roll
Fun dos Beatles, se cadra por algún amigo que me pasou unhas partituras das que disfruto á guitarra, lenta.

Hoxe fun dos Rolling Stones. Entendín por que loitar, sen ser previsiblemente amables, buscar que soe coma se fose un choro orgulloso, ter simpatía polo diaño, non ser os malos nenos bós.
Topar dentro coma a seguridade de vibrar, para facer vibrar.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 20-11-2010 02:41
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro galego na REDE

Hai pouco que en Galicia se estableceron as Compañías de teatro residentes, ou estables nun teatro ou espazo. Xestionan todo o seu, e o que se tercie sobre a sala

A Compañía Chévere é a residente presente na súa Sala de estar, dende hai xa unha chea de anos. Ou sexa que son e están na Sala NASA.
Pero hai máis xente, claro.

Hai un tempo crearon a súa rede social aberta:
Podedes botar un ollo:
http://redenasa.tv/periscopio/

Por exemplo, a compañía expón os videos do proceso de creación da súa nova montaxe: CITIZEN


Ou sexa,unha web 2.0



Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 09-11-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal