(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Na arte escénica nadamos na ambulancia
Unha xente xa di que o teatro español é unha porcaría.
Entón segue de carreiriña e chega á adxetivación superlativa cando se fala de teatro galego.

Máis ben é ao revés. Resulta que o teatro que asiste é ou ben o das propostas das Caixas, de marcado caracter merco-vendes famosetes de madrid, ou ben o da Rede de teatro galego, na que como está case todo, pois hai de todo.
Pero a xente vai ao Teatro, a mans cheas, segundo din os Estudos.


Logo segue a dicir que o cine español é unha porcaría, que o fantástico é o cine francés e alemán.

O cine galego, pobre é coma comentar entón falando das cinsas da guerra nuclear.


A xente di que xa non vai a ver cine en galego,que xa lle chega con que o 50% de Cineuropa sexan películas en galego ????


e eu sigo pensando que haiche moito

autoodio


xa non sei se cortar as veas ou deixarmas longas
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 27-11-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os xornalistas non van ao interior
tén razón Jaureguizar: Se o festival de Jazz de Lugo fose en Santiago, ocuparía unha chea de portadas


Teño escoitado de varias persoas que se adican ao Xornalismo en Santiago de Capitalostela,

que á xente cústalle facer kilómetros para o interior

Lugo está lonxísimos, moito máis ca NOva Iorque

Porque se queres ver dunha sentada , e gratis
a Kenny BArron, ,Chris Kase, Kurt Elling con Jesse Davis, ou Roy Hargrove ETC ETC

ou te vas a América,



ou rabeas


-Coruña Lugo: 1 hora
-Ourense Lugo: 1 hora e 10
-Santiago Lugo: 1 hora e 15
-Ponferrada Lugo: 1 hora e 12

Se estivesemos en Madrid non nos importaría ir a Alcalá de Henares, a hora e tal, para pagar 50 euros para ver a un de calquera deses

Pailáns de cidade


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-11-2009 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
EN BIC IANDO
Estes días estase a crear unha Asociacion pola Mobilidade en Ourense.

Estou pensando en publicitar a miña experiencia de Mobilidade, iniciada en este outono demasiado benigno.

Chamaríase: desintoxicación de coche en Lugo. Superar a dependencia.


Andando, buseando, e cicleando, vaise a moitos sitios. E téñense un carro de experiencias, desas pequenograndochas.

andándo




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-11-2009 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal