(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Samaín non é Ourensán
Estando na Galleira de Ourense (o local social, porque Galleira en Ourense é tamén outra cousa )), na ponencia de Miguel Losada (da SAGA) sobre a Orixe do Samaín galego e o culto aos mortos, á parte dunhas risas e varios axiomas antropolóxicos descubrimos, entre uns e outros:

-Que nós xa temos Magosto, que non fai falta Samaín nin lerias. A xente de Ourense xa iamos a Montealegre antes de que fora un Xardín Botánico, a queimar leña vella para asar chourizos e beber algo pola friaxe.

-Que os que sacamos as cabazas e calacús ás rúas dos viños de Ourense polos 2000 ainda estamos viv@s.
Porque os nosos pais (de Verín ou o Ribeiro ou...) ían roubar as cabazas nesta época, antes de que o Corte Inglés... se puxese a vendelas.

-Que nos tiznamos a cara porque do lume saen cinsas, e ese é o disfraz maior: mancharse.

-Que resulta que as cabazas viñeron da América no século XIX, e entón debían ser nabos o que sacabamos aos camiños... Ou as cabazas dos peregríns máis ben.

-Que houbo moito cachondeo e un sindiós en Galicia durante miles de anos, e as autortidades nos tiveron que meter en verea do asilvestrados que eramos. Porque nós sempre eramos de festexar os catro puntos cardinais do ano: Os solsticios, o antroido, e a chegada do Infverno.

-Que os mortos nos acompañan e nos falan, porque estamos conectados cos nosos ancestros que nos civilizaron e nos seguen dicindo: "empeza o inverno... colle castañas... que veñen días duros..."

-E que o día 11 de san Martiño era o 1... antes do calendario gregoriano.. E nós conservámolo.

-E que o Halloween o trouxeron as mestras de inglés da LOXSE, e a marca de disfraces César en 1992.

Toma castaña...
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 30-10-2014 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado é un dos grandes
Topeime con Davide no 2000, nas festas do Carme de Marín, onde fixen un proxecto de teatro con veciños do lugar, porque o concelleiro quería darlle outro enfoque ás festas. Por exemplo, tocaban Lamatumbá, e había unha carpa de 1000 persoas para ver Teatro.

Fixemos varias representacións, unha de danza-teatro á luz dos fachos en Mogor, cos petróglifos de fondo. E un lema "Somos os que somos".

E outra na praza da Verdura creo que se chama, que baixa dende a Torre, cunha representación máis costumista. As arengas dende os balcons, os contos dos mariñeiros. E Davide baixaba cantando as escaleiras con ánimo mariñeiro e puro.

Outra alma libre. Anque diga que eu fun seu profesor de teatro, é coma dicir que Einstein tivo profesor de matemáticas...

Hoxe é o artista seleccionado no WOMEX, e por David Rothenberg (con Peter Gabriel)como artista galego.

Ajrú!
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 26-10-2014 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro de Regueifa Ibérico en Valadares
Aló estivemos...

Se existe unha arte máxica e que nos fai máis humanos ca outras é a arte da palabra.

Se á parte da palabra esta a matemática da rima, subimos un socalco.

E se engadimos o enxeño e o senso do humor, aparece toda a intelixencia da civilización humana


O domingo 5 aló estivemos, no Encontro ibérico de IMPROVISACION ORAL

E descubrimos, que ibérico non solo é o xamón

-GALEGOS
Pinto de Herbón e o seu fillo XAiro
Benito Lobariñas

E a xente que estivo aprendendo no CIOV con Josito da Teixeira diurante un Ano: kike, YOlanda e LAra

-CATALANS
Carles, Mireia e Marc ensináronos que "GArrotín, garrotán" é un ritmo para improvisar que os xitanos de Lleida mantiveron.

-VASCAS
Miren, Ane e EStibaliz traducindo os seus propios cantos,e con preciosa voz.
NO pais vaco, as finais cuatrianuais son seguidas por decenas de miles de persoas! e se practican na Secundaria, primeiro por escrito, antes da declamación en público.

-PORTUGUESES
O Amigo Loureiro e Fernando Correia coa concertina, con ese estilo popular do norte portugués

E nós levamos a nosa aportación, áparte da conducción do evento
-A improvisación do xogo do TRUCO, que recollimos en S Fiz de Cangas, Pantón
-A improvisación do Instrumento vexetal: a gaita de Palla.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 06-10-2014 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal