(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OPENING NIGHT, a peli sobre o teatro
Chula, desacougante, e emocionalmente saturante (para min, nestes intres).

Opening Night (Día de Estrea), escrita, dirixida e interpretada mesmo por John Cassavetes, e a súa propia muller Gena Rowlands...



Para os que somos afeccionados ao teatro, eso de que nos amosen a parte persoal e crúa das personiñas que argallan unha función, tentando vivir do asunto...

A escritora esixindo que se respete o texto
Os actores-ices querendo quitarse as pantasmas persoais
O director tentando seducir máis alá do profesional á actriz.
O público que non se decata dos erros, os desastres hecatómbicos da peza, e rí ou desfruta dalgo estrambótico mirando o que se ensaiou de verdade
As actrices-ores, que tentan aportar a súa mesmísima vida á escea, e ás veces, simplemente contándoa no proscenio
A mentira do decorado, o atrezzista despistado, o champán e as flores preparadas
As actrices exprimidas pola súa beleza e ninguneadas pola súa sensibilidade
As ducias de días que a un minuto de empezar estase a un tris de suspender a función por unha catástrofe do máis sinxela

As miserias dunha profesión que depende de tantas cousas imprevisible, evitable e descaradamente humanas...


-----------------------------------
Quen queira rir, en vez de apretar o estómago, que vexa "Que ruina de función",de outro mítico "Independente": Peter Bogdanovich
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-02-2009 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
ESPAZO TEATRAL PARA O CINE

A Caixa dos Aforros está facendo (co seu porcentaxe por lei de obrigado emprego en fins sociais e culturais)
un ciclo de Espazos Teatrais no Cine.

o curioso é o de poder reservar por sms

Calquera delas é ben chula

Hoxe mesmo "botan" unha peli do mítico John Cassavetes
"Opening Nights" na sede da Caixa en Santiago.


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 03-02-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
O CINE TAMEN SE APRENDE

No concello de Vedra, perto de SAntiago

a asociacion VEREA está a promover Obradoiros de introducción ao audiovisual.

Ainda hai prazas libres hoxe.

-Interpretar, editar o video, facer o guión, facer curtametraxes...
Escolle o teu.

Eu creo que o que me falta por iniciarme (digo partir de "0 pataqueiro". Nos outros estou no Libro II coma quen di) é na Iluminación.

E hai cousas que se aprenden dunhas e as aplicas noutras. A luz é a luz, non?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 31-01-2009 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO INSTITUCIONAL, si

Veño de ver a reposición de "Noite de Reis", polo CEntro Dramático GAlego, en SAntiago. TAl foi o éxito dela o ano pasado.

Unha obra divertida, "fácile e divertente", adaptada e dirixida polo célebre Quico Cadaval.

Verdadeiras Institucións do teatro galego de tres Xeracións, xuntas a compás:
+A xeración de X M Oliveira "Pico" e Xan Cejudo;
+A xeración de Victor Mosquera, María Bouzas e Marcos Orsi
+A xeración de Marcos Correa e Anabell Gago

Eu xa hai moitos anos que vía a Anabell Gago, a protagonista-guía nesta reedición coma a Protagonista da peza que xustifica este Blog.

Música, amor, enredo, cachondeo, e talentos da escea. Ainda a poden ver este xaneiro 09






Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 27-01-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
RAMON OTERO PEDRAYO tamén tiña teatro
Estiven este sábado na Casa Museo de Otero Pedraio.
E á parte de apreciar a inmensidade das vistas e entorno do lugar, con frontal ao Castro de San Cibrán de Las,(o máis grande do mundo se cadra)

O mellor por suposto foi a cálida e amable acollida da persoa que alí recibe, e de quen me levou, coñecedora dos entresixos da Vida de Don Ramón.

Un gusto ir ao miolo da cultura galega.

Agora falta que retomemos aos clásicos, e deixarnos de literatura barateira de hoxe para mañá.

A min gústame o Desengano do Prioiro, anque neste mesmo patio de abaixo o Centro Drmático Galego representou A Lagarada, como me explicou Susana

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 21-01-2009 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
MONOLOGOS PORTUGUESES
Na Sala NASA de Santiago, está realizándose un ciclo VIA GALEGO, de teatro de compañías portuguesas.

O venres tocoulle a Trigo Limpo, coa obra "Chovem Amores na rúa do Matador"

É unha historia contada polo home (macho popular, neste caso) e as súas mulleres (interpretadas pola mesma actriz), en monólogos sucesivos.

Non foi a cuestión fonética ou lingüística a que fixo que na sucesión de monólogos, cada personaxe explicando a historia, que nos sobrara o escenario.

Nun caso porque hai cousas que se poden contar coma un conto, e xa está, sobra a escenografía.

E no outro, porque a expresividade da actriz fai que haxa un mundo físico e emocional abondo como para que non faga falta máis ca de apoio todo o demáis. O idioma era un apoio, o cristal un apoio, o coitelo un apoio, os pés descalzos un apoio, e o vestiario un apoio.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 21-12-2008 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
O TEATRO NÚ
O outro día fun ver a última obra de Nut Teatro.

Nela, á parte de consideracións artísticas, dramatúrxicas, semióticas, estado anímico, fase da lúa e gustos persoais plantéxase unha das manías do teatro "rompedor" ou "modelno".

Parece que a última (derradeira) porta da creatividade teatral é desnudarse, a ser posible integralmente.

Demostrará, se cadra, valentía, bó facer, comunicación ao máis alto nivel, o cumio do impactante. Se se mistura con estética sado, vaia, debemos dicir "que teatralidade, ooooh"

Pero normalmente o que se consegue é o que se di en francés "boutade", pronunciado "pretensión innecesaria".


A verdade que este tipo de obras sempre me dan a falar e falar.

Outras máis convencionais tamén, como a feminista "Unha primavera para Aldadra", de TEatro do Atlántico.
Comentarios (2) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 14-12-2008 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AMATEUR, AMADOR ou AFECCIONADO


-din por aí que o teatro amador é a semente do teatro, e namáis.

O de teatro Amateur dáballe un toque máis de cultismo afrancesado e de élite.

E o de afeccionado dalle o que para moitos é: Unha afección, unha doenza incurable, irreversible, crónica e simbiótica.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-12-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
DESAPARECE O GALEGO?
Como as abellas, que din que desaparecen por un virus.

Manuel Rivas tamén di que o galego é algo exótico


¿É certo que se fai teatro en galego "porque hai que facelo, e é así", e logo falamos castelán habitualmente, evidenciando que o galego é unha lingua coma o latín, de ritual, de "boquilla" pero non vivenciada?

¿En que fase estamos do teatro galego?
Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 27-11-2008 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO AFECCIONADO (III)
Estes días houbo teatro en Ourense, e tiven oportunidade de revivir a paixón de ver, á parte de facer teatro.

Estivo o FITO (Festival Internacional), promovido por Sarabela

Logo puiden ver a Marisa Paredes unha peza de Bergman.

Mañá vou a ver unha peza da MOTA (MOstra Afeccionada, por parte de La Sombra Teatro.

E o sábado irei a ver a última de Sarabela, o grupo ourensán profesional máis potente da historia.



Non sei..., estareime volvendo vello..., pero disfruto máis, como dicía xa por aí abaixo, do teatro afeccionado, escolar, universitario, de asociación, informal, espontáneo.

Prefiro a ansia de ilusión.
Prefiro a emoción que me produce.
Ao mellor é que as lagoas do afeccionado as encho, como lector de poesia, co que a min me enche.

Dicía Peter Brook e Grotowsky do Teatro Pobre como máis auténtico, máis adaptado aos seus medios e pontencias.

É imprescindible o teatro afeccionado, porque hai xente que disfruta moito máis del ca do profesinal.

ou?
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 06-11-2008 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
POBREZA
HOxe é o día dos Blogs Contra a Pobreza.
Queda guai.

Podedes ver neste video de dous tremendos actores ingleses que é o que é a Crise Económica do 08

Logo a Pobreza é a loita que facemos no 1º Mundo para que o 3º Mundo siga como está

¿?ou é ao revés?

Ui, mentres non me pique a min no peto...
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-10-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO POR PARTES
Que diría o descuartizador de Boston...

-Primeiro a idea
-Logo o texto
-Logo o texto definitivo

-Logo a aproximación ás actrices/ores
-Logo a aproximación d+s actorices ao texto e a idea
-Logo o inicio da encarnación do texto e as personaxes

-Logo a concreción
-Logo un pouco de perspectiva

-Logo a presentación

-Logo a Re-representación

Comentarios (5) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 03-09-2008 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO DIN QUE É UN VELEÑO
disque é por cuestión de adrenalina

disque por chegar ao fondo de nós

disque porque podemos botar fora o que somos ou queremos ser

disque por compartir unha "invención" con outras persoas, que che siguen o xogo

disque porque recibes un aplauso que anque sexa inmerecido, verniza o teu ego

disque

Comentarios (2) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 09-08-2008 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
O TEATRo é UNHA HISTORIA
A diferencia entre unha historia para teatro ou para cine, seica está en que
-No teatro fálase e fálase de relacións, emocións e pensamentos, coma se se narrasen lixeiramente en pasado.
-No cine vense acontecer as cousas en tempo presente.

¿Si?
Comentarios (21) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 20-07-2008 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Encargo pendente (máis blogs de teatro)
Resulta que a pequena actriz Iria Abelleira, dende o seu blog fíxome chegar un agasallo, como en forma de premio agarimoso.


Logo tiña que seguir o xogo, indicando 7 blogs "Brilantes", porque se cadra os de "Que te pique un polo" son máis desaquelados.


Falarei de xentes do teatro, pois este é un blog de teatro.

Poden ser:
-Como non, a pequena estrela Iria Abelleira
-María Lado, co seu xa de volta Casatlántica
-Rubén Ruibal, con Alicia Crece
-Vicente Montoto, coa súa Autoblografía
-O dun personaxe: Falstaff na brétema
-O de Leo, que fai uns Haiku gloriosos
-... Estou buscando
Comentarios (23) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 08-06-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal