(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As cousas hai que pedilas POR FAX
Ourense repite, non vaia ser que lle digan que choveu o festival FAX de música.

Por eso non había que ir a Santiago a ver a Adanowski.

Por eso hai que facer homenaxe ao Suave. Non hai nada como ser un tip+ duro por fora e doce de miolos para ser heavy nos 80.

Suave de Pel


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 19-06-2009 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de Partida

O teatro do absurdo tén mala prensa.

Samuel Becket foi secretario de James Joyce, que tén mala e boísima prensa.


Hoxe ás 21,30 da Sala Nasa de Santiago, unha mistura de absurdo e pánico, coa representación da adaptación de NNC de "Final de Partida" de Beckett, con textos a maiores do enorme Jodorowski

Fin da etapa de xogo? Xogo Final? Fin e Partida? Peche de Xogo? (E iso que a traduciu o propio autor)

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 17-06-2009 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Palíndromos somos tod+s
O outro día puidemos ver a curta "Palíndromo", dunha ourensana de pro.
Ben sinxelo semella, pero non o é tanto:

-Unha idea
-Un desenrolo desa idea.
-Unha producción desa idea.
-Unha distribución desa idea.
-E máis

Estudou Comunicación Audiovisual. A alguén lle valeu de algo.

¿Valen para algo as Escolas Artísticas? ¿Ou xa vén todo da Nai Natureza?

Para tod+s as que din "Amo la pacífica paloma"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 16-06-2009 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Finalmente deu de si, o clown é cultura
Coma se fosemos traballadores que fichan no traballo que é vivir, imos ver se o conseguín. Creo que non se acadou o 50%. Pero que a gusto quedamos.


UN
A visita á Fundación Granell (praza do Toural) debería ser recomendada a todo o mundo mundial. É un privilexio.

-A coleccion de Guy Ducornet, un clásico do surrealismo Boston USA
-A colección do propio Granell, os seus achádegos incuestionables. Alucinei coas bonecas ready-made. Isabel a católica cunha lata de espárragos, e outras belezas.
-E a colección de máscaras que recolleu Granell, no seu exilio.

(Estamos na investigación do Clown
(impresionante a película "El clown y el fúhrer"), o outro día estivo Paco González invitandonos a un curso sobre Clown e Máscaras en Valdeorras, no mes de xullo. E encaixáronme certas pezas)

DOUS
14 libros de ocasión na Feira.


TRES
-Mostra de Curtametraxes de Intermon.
Entre varias e durísimas historias de nen+s bolivian+s de "huele-pega"
había outra impactante dunha xente arxentina que se fai chamar Maniac Planet. A que se proxectou foi a da profesora de armas "ahora no valen lágrimas"

CATRO
-A 10ª Festa do Circo foi un superlativo colofón ao día que empezou noutro universo paralelo.

Por eso merece unha Entrada á parte.
Como cada unha das cousas do venres 12.
Para rir, e para chorar.




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-06-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Quen da máis?
A verdade é que está ben dificil escoller nesta vida.
Andando pola capital, un hoxe calquera, unha persoa calquera pódese topar cun carrusel de estímulos coma no Circo mesmo.

0 Ás 4, O artista surrealista na Granell
1-Ás 5, Os desexados e benqueridos libros de ocasión, na Alameda
2-Ás 6, +s tocador+s de historias, no Museo do Pobo.
3-As curtas con enfoque didactico social, na sala da Caixa
4-Ás 8, a peli galega da novela galega da novelista galega
5- ÁS 9,30, O propio carrusel do Circo Galego

Esto parece o da enquisa. Marque o número que lle conveña. Ou tamén, "BAilad, Bailad, Malditos"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 12-06-2009 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
DECALOGO APURADO DE CINE
Coma Moisés que alucinou co dos 10 mandamentos, e vaite ti saber a pelicula que pasou na realidade, con aquelo da matogueira que ardía e lle falaba ;)

Decálogo apresado de porfavores do cine u-tópico (onde está o tópico?)

1.- Os diálogos, mellor simplificados ca simplistas.
Agochan unha merla en cada esquina, en cada xiro, en cada resposta.

2.-As personaxes teñen dereito a defenderse e explicarse, anque non a contarnos a historia que tén que contar o guión e a dirección.

3.-Os planos, son acompañamento ao estado emocional das persoaxes, e do que terán as espectadoras.
Para describir non só se fan pinturas ou fotografías. En canto ás descricións da literatura, o punto 2.

4.-Unha vez que se entende o visto, sempre pode quedar algo de misterio, pero nunca de obviedade ou redundancia. Antes co caro do celuloide esto estaba máis claro.

5.-Todas as historias están por contar, outra vez, de novo. Pero cada punto de vista persoal é obviamente único. Explorar os tópicos é un homenaxe á tradición, e vivir das súas rendas unha traición.

6.-O tópico é a pedra para a escultora: algo a labrar. A pintura para a pintora: algo a desfacer e expandir. O papel para a escritora: algo a encher.

7.-O cine ás veces é un espello, ás veces unha palla, ás veces unha apaleadora. Pero tamén unha linguaxe artística. Tanto a evasión coma a fondura estética poden artellarse.

8.-O que contas, máis o que evocas, máis o que se interpreta.

9.- Son posibles mil historias, da combinación dos anacos. Hai unha historia distinta con tan só un suspiro de máis.

10.- Non hai máis remedio ca escoller. Escoller é propoñer. E para escoller hai que recoller antes. E despois de escoller coallar.



Deste decálogo-opinión, só hai un único culpable. O que asina. (por se alguén se sinte aludid+)
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-06-2009 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
OURENSE xoven quédase CURTA, si
De súpeto, dentro da multiactividade do Maio Xove da Casa da Xuventude, Ourense énchese de cultura varia, xuvenil e adulta.

Podes descargar o programa


Naquela altura, o 21 de maio preséntanse varias curtametraxes realizadas por realizador+s ourensáns.

Tamen este venres 8, unhas poucas desas curtas se presentan no entorno do Programa da Intercultural, na Universidade.

Unha boa maneira de ver o que hai. E o que resta por facer. ¿Será repetirse? Haberá que velo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
O TEATRO casi mudo, fala máis alto
Hoxe vin a Yllana, a compañia de teatro xestual máis canalla que El tricicle, e con menos palabras que Leo Bassi.

Falaban de Brokers, 4 fulanos desalmados, do pior, do que nos rimos a eito.



¿Se te ris dunha inxustiza mellórase algo ou simplemente eliminas a propia mala baba?

Rirse é distanciarse. E tamén se distancia a boxeadora para golpear máis forte.
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 22-04-2009 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Limpar a mirada neste teatro da vida


Ir de museos en Compostela un dia de sol coa luz dura do mediodía cara a luz difusa da tarde.
Aproveitas 4 cousas de 100, e recoñeces as redundantes.
Hai proxectos artisticos que teñen algo para min.
-O proxecto de casas-carromato para xitanos de Portela no 71, o cartel da primeira expo de comic no Circulo de santiago no 73, ou o do festival folc-cantautor. As imaxes anotadas como scout de cine para facer os finais tristes das pelis danesas (o final feliz para mercado yanki, final obrigado triste para a u.r.s.s.
E outros que precisan de explicación para saborealos.

Logo pasearte polas rúas de pedra, os anxos, os demos-gárgola, as virxes marías, os tirantes lonxiverticais da catedral que a elevan ás alturas. Nos muros das casas amósanse recordando todas as esceas do libro da relixión predominante.
Por eso o museo é a catedral civil

Mirar para fora. mirar para dentro, nesta FEsta da Lúa chea da Primavera.
Mirar o conxunto. Coñecer os filtros da realidade.
Ou será o café.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-04-2009 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando as 24 hrs de teatro en Ourense
Xa vai ser a cuarta convocatoria:

no marco das Teatradias (26 a 29marzo), na Casa da Xuventude de Ourense

pasaremos 24 horas arredor de un escenario (ben, van ser 5 ou 6 escenarios)

Para ver, crear, producir e ver un espectaculo en tan so 24 horas.

E iso solo vai ser unha parte do que se faga


esto empezará o 27 venres polas 10, e seguirá ata o 28 ás 10.

Parece que haberá:
-Maxia, Malabares, Match de improvisación, capoeira, por suposto mostras de esceas de teatro (como non, a escea de Blanca), pelis de cine, e durmida colectiva.
E para saber xa: a festa da persoaxe este ano será de Comics de Superheroes)

Mentras, vari+s pringad+s (estades invitad+s) terán/emos que escribir sobre 2 palabras ao azar unha pequena peza, a sumar con outras para representarse (se se prepara a xeito) polos 5 pisos e salas da CAsa da Xuventude de Ourense e olé.


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 10-03-2009 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Antroidos (un cada persoa)
1. No interior fai falla máis morro
Un alumno disfrázase de Pirola-man en Lalín e gaña o concurso de difraces con xurado de profes. Vai de parella cun travestido perfect+. Concursan co eslogan "Amigos inseparables".

2. Irrecoñecible en Xinzo
-¿E ti de que vas disfrazad+?
-Joderrr, que vou de Ángel


3. Freud en Verín
-Oes, e logo esa "mascarita" que lle está metendo man ao meu mozo non se parece a miña nai?
...
-Oes nena, non saberás onde está túa nai, que a perdín de vista hai media hora?

4.-


5.-


6.-

Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 23-02-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
REGRAS BASICAS PARA O ANTROIDO SEN REGRAS

Regras básicas:
-Comete excesos (chega a primavera).
-Descolócate, inventa, proba, divirte e divirtete.
-Non repitas disfraz ningún día.
-Non lle contes a ningúen de que vas ir disfrazad+. Non eres ti.
-Nun disfraz Vale todo. O Antroido é o Mundo ao revés (ou todo á vez).
-Observa, interacciona e aporta a túa enerxía persoal.
-Vai a onde se garde unha boa tradición de Entroido (o Entroido non son caralladas, é unha manifestación telúrica antropoxénica...

Anque:
...de carallada)
...Podes repetir disfraz, se gusta moito (total...)
...Podes preparar o disfraz con alguén para pasala mellor aínda. Se sodes 3000 mellor
...Podes crear o teu propio antroido, anque sexa portas para dentro.
...Podes mirar só, ou escoitar que foi, ou deixalo para outra.


Non é o Teatro máis fondo que existe?




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 19-02-2009 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
EN VEDRA NON SE QUEDAN CURT+S
Levan 15 días de Xornadas de Formacción Audiovisual en Vedra e teñen miga para rato.

O sábado 14 na Casa dos Peóns,(a pé de N-525) houbo unha sesión ben variada de curtametraxes, cada unha aportando súa visión da arte e do mundo:

-Unha coa gravación da realidade parecendo máis ficción
-Outra coa gravación dunha escea de teatro e sol.
-Outra coa gravación en imaxe real dunha historia de mesmo debuxos animados
-Outra coa gravación dun elemento moi cinematográfico: a bici. Gran fotografía.

Foi mágoa non poder ver o recén forneado traballo de Lara Bacelo "Varona (parirás coa dor). En vez dese , viuse "Territorios (I)", que impresionou igualmente (sobre todo por unhas curiosas imaxes dunha das persoas ourensáns máis relevantes e universais) /vexan e adiviñen, hai premio/

O sábado 15 queda o fin da festa.
A min quédame o regusto do aprendido.

Noraboa á Asociación Verea
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-02-2009 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cine independente galego (I)
O primeiro as miñas desculpas. Non vou de listo.
Seguimos con cineastas independentes: ¿como relacionar Jim Jarmush con Galicia?

O cine galego ándase buscando. Non tén identidade. Por eso hai xente á que se lle asocia con coñecidos cineastas.

Plantexemos un caso práctico (e real):
Temos dous cineastas galegos (que vostedes terán que buscar, porque non vou dar nomes, polo de agora). Aos dous asóciaselles con Jim Jarmush.

-Un deles quere ser a próxima xeración do cine galego. Ao outro dalle absolutamente igual.
-Un deles fará pelis ( e outras obras artisticas)durante varias xeracións. En tódolos formatos posibles. O outro depende.
-A un deles déronlle varios centos de miles de euros para facer unha peli. O outro búscase bastante a vida.
-A un deles non lle gostan os saraos, compadreos, capeliñas, e vai ao seu.
-A un deles déronlle moitos premios.
-A un deles dinlle que é moi radical e independiente nas súas propostas.


¿Que cren vostedes que acontecerá? (co cine galego, e con estas dúas persoas)


Comentarios (3) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-02-2009 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
GUSTOS E DISGUSTOS
Nestas épocas de reflexión-acción e reconciliación co teatro, doume conta:

Gústame poñerme na última fila
Gústame ver ao público todo, coas caras iluminadas nas primeiras filas
Non me gusta poñerme en 1ª fila
Adoito chegar tarde sempre
Adoito alongarme nos espectáculos
Góstame quedar a charlar das impresións en fresco da obra, na entrada, mirar as caras da xente que sae
Non me gosta afogar +s artistas cando saen
Gosto moito de falar dos procesos de creación
Prefiro a sesión de autocrítica ao rematar, en fresco, coa xente que estivemos ali riba
Non me gustan as maquillaxes
Sorpréndenme as maquillaxes, ocúltanme a cara d+ act+riz
Gosto de actuar coa miña propia roupa de diario
Encantariame saber coser un vestiario
Debezo por mellorar a obra en cada función
Adoro ter a sensación de que o texto é inmellorable
Gústame ensaiar tanto coma actuar
Gústame ver as obras a medio rematar
Encántanme os dobles finales



E a vos?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-02-2009 02:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal