(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O teatro galego é
Xuntarse é bó

Facer teatro é bó

Amosar teatro é bó

Que se xunten para amosar teatro tamén

Dende Cee (na costa de Fisterra), ata o Carballiño, no interior de Ourense

O caso é

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 29-08-2010 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
A$ imaxe$ valen mil
Como gorentoso dos debates actuais,
volvo polo tema dos dereitos de imaxes xeradas por persoas que ilustran, fotografían, gravan...

VEGAP é unha especie de SGAE

E por iso, a xente está algo mosca.

As tarifas de enlazar unha imaxe ou un video están taxadas.


TEriamos que pedir unha licenza de uso a VEGAP, e citar Autor/a/VEGAP

E para ilustracións, consultar: FADIP
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 20-08-2010 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
tempo de sulfato
Neste tempo, no que a xente adoece na praia do verán máis veraeiro dos últimos 20 anos

Tamén hai que dar sulfato nos bacelos co sol atorrante,

E asimesmo o espíritu indolente e desdaramatizante do vulgo opina

Admítense variantes semánticas do dito

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 16-08-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Pereiro o poeta
foto de Pastor Outeiralnomear a Lois Pereiro como homenaxeado nas Letras galegas é desruralizar de vez ao galego.
-A xeración perdida dos 80 en Monforte
-como se di No Future en galego?

ese verso da canción (será este ano?)"...yo viajaba en ambulancias... la sangre se espesa en las venas como la melaza... y el sol es tan gris, tan tremendo, como amenaza"

SAüdo, aos grandes supervivintes


XA temos o a historia, as cancións... só falta que morra certa xente importante... e impertinente

A foto da dereita é de Pastor Outeiral
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-08-2010 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Falando de Torres
O Premio Castelao de teatro no 1966, fomentado pola asociación O Galo, levouno Xohana Torres cunha obra chamada "Un hotel de primeira sobre o río", cinematográfica e reivindicativa. 1966.

Leo en 1968 compostelán, 16 testemuños (de Gurriarán) , que se fixera unha campaña moi curiosa:

A Campaña do Peso: Pedíase un peso cidadán para acadar un Premio para darllo a unha obra de teatro en Galego. Eis o Premio Castelao.

Por Subscripción popular. Durou varios anos.
Alucinante. Sen agardar subvención. Sen montar unha sociedade anómina.

Agora só se parece a eso o GALEGOLAB, na que a xente propón experiencias de apoio ao galego, que se autoorganizan e autofinancian.


Torres dende as que observar o decurso dos tempos.
Torres dende as que defender o propio
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 19-07-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
torres, nadal, rossi...
¿Terán algo que ver
Torres
Nadal
Rossi

e Teo



Se dixésemos que si, falaríamos dunha certa mafia, que fai que
-a un parapléxico non se lle permita por 300 euros
-o que a un deportista de élite se lle permite por 60.000.

Unha revolución dos límites da medicina, estase a forxar en Santiago de Compostela.


Pero vós non o v€r€d€$
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-07-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
sen máis, con máis, ou memos
Voltar é unha constante, unha vergonza, unha carraxe, un esluimento, unha prótese, unha victoria, un arredemo, unha escea central dunha película, un esbirro no medio dunha curva, un soño vespertino nun incendio, un caldeiro de auga no inverno

Rectificar é de sabi+s, pero recoller un intento
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 13-07-2010 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Que guapo e que diferencia
A verdade é que é a noticia guapa do mes.

Un cineasta que se recoñece como galego é universal. Oliver Laxe.

Que diferencia, tratando ao desfavorecido.

Que bon, que o recoñezamos como propio da nosa tribu.

E o queda por saír este ano, non é?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 23-05-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Begoña Muñoz, GRACIÑAS por ser
Recentemente foise, e por moito tempo estará.

O texto que inspira este Blog, é deudor, entre moitas cousas, da paixón desta profesora, muller, e ser pensante e sentinte, máxico, e

IMPRESCINDIBLE

Era desas profesoras de instituto que che deixa libros ou DVDs para levar á casa.

Era desas persoas que che transmitía paixón pola lingua, pola loita da muller, pola educación, pola mellora persoal.

E dígoo sen ser nunca alumno, e tan só cruzar palabras en contadas ocasións con ela.

COMO PODE SER

Adaptadora teatral para Sarabela TEatro, e gañadora coa adaptación de A Esmorga

Se cadra un ser de pensar libre, un ser de vida xenerosa, nai de moitos máis ca os seus fillos co seu compañeiro.


UNHA MULLER

Bicos
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 22-04-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
volven as teatradías
Extra, extra!

Na Casa da Xuventude de Ourense

Días de teatro,

26-27 marzo: Festa do Personaxe, con match de improvisación, 24hrs de teatro

pasárase ben

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 25-03-2010 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Argumentar o
En inglés to argue
: dar argumentos, non só discutir.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-02-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Benito Losada, un dos grandírmos
Estaba eu reflexionando en traballos de Servizos Culturais, e
en chegando a Referentes básicos na miña vida, referentes persoais, culturais, sociais, profesionais.
Saía como caldo de todas esas sopas
un tal Benito Losada, que a xente da cultura de Ourense da por obvio, como moita xente asocia o viño ao Ribeiro, ou a catedral á zona de marcha. Na Cultura é o referente.


Esta na Voz é a declaración pública máis subida que lle escoitei, porque o asunto é facer, facer de p.m. e non andar con máis historias. Non é típica del, e só resume unhas poucas cousas das que tén levado ao cabo.
Unha discreción propia dun secretario xeral.

Unha persoa afable, xenerosa, desas persoas do servizo público que fan e fan para que outras persoas fagan máis, a ver se se pode.
Retranqueiro, activista, amigo de todos e dos amigos, creador de modelos de xestión cultural, e restándose toda a importancia, e aceptando os seus defectos ou limitacións como ventaxas para que outra persoa os poida cubrir.

Unha caterva de mocetes e mocetas fixemos alí a mili cultural, coma paxaros, medramos naquel xardín.

¿Quen da máis?
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-01-2010 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Cine na casa propia
Cando o mellor do cine en DVD son os comentarios que se fan sobre a película, eses nos que dirección, ou alguén comenta as anécdotas do acontecido, non se sabe cal é o contido real da experiencia.

Para que se fai o esforzo de facer a película? ¿Porque hai que contala, porque hai que comer, porque é unha das mellores experiencias vivibles (a de inventarse a realidade), ou porque

Ao mellor pasáballe o mesmo a Velázquez.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-12-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Estatísticas non vén de estáticas
No interesantísimo texto de lectura entre horas
Datos estatísticos basicos Galicia 2009 aparece coa fonte da
"Encuesta de hábitos y practicas de ocio en España" o asunto da asistencia a actos culturais, e entrecóllense as cifras dos datos galegos de 2006-7

Asistiron ao teatro un 11,9% (19,1% no estado)
Asistiron ao cine 39,7 (52,1 no estado)

E ainda hai xente que se queixa. Menudo share

Comentarios (3) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 09-12-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Na arte escénica nadamos na ambulancia
Unha xente xa di que o teatro español é unha porcaría.
Entón segue de carreiriña e chega á adxetivación superlativa cando se fala de teatro galego.

Máis ben é ao revés. Resulta que o teatro que asiste é ou ben o das propostas das Caixas, de marcado caracter merco-vendes famosetes de madrid, ou ben o da Rede de teatro galego, na que como está case todo, pois hai de todo.
Pero a xente vai ao Teatro, a mans cheas, segundo din os Estudos.


Logo segue a dicir que o cine español é unha porcaría, que o fantástico é o cine francés e alemán.

O cine galego, pobre é coma comentar entón falando das cinsas da guerra nuclear.


A xente di que xa non vai a ver cine en galego,que xa lle chega con que o 50% de Cineuropa sexan películas en galego ????


e eu sigo pensando que haiche moito

autoodio


xa non sei se cortar as veas ou deixarmas longas
Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 27-11-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal