(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As pensións de todas
Artigo dunha Catedrática Emérita en Economía, defendendo un sistema público de pensións, non privado.

Observade especialmente o dato:
O 35% das accións en Bolsa do Mundo están en mans de Fondos de Pensións.


Esos son os Mercados. Nós, que queremos ter máis e máis, caiga quen caiga.

Un sistema contra si mismo, inundado de medo.



Ceg+s, enlead+s.
Bos peixes estamos feit+s
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 31-01-2011 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
fotos de muller


Nesta época de concursos, un sobre Mulleres Sabias



Sáeme un nonseique de copla, coma dicindo "pena, pena, pena penita pena"

Non sei de quen é a foto, gústame.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 12-01-2011 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Quítannos un ollo da cara
No gran teatro do mundo,
no que todo o que se ve existe,
e o que non, non

acaban de cambiar un Canal para avanzar na comprensión da realidade, por medio da palabra pensada por un Programa para retrasar a mente a golpes, por medio da burrada.

Ideal para explicar a teoría esa de
Emisor/a- Canle - Mensaxe - Receptor/a
( e sobre todo o esquecido Ruido
)



E a Caverna de Platón.
E a Luckman e Luhmann.

Fantásticos tempos para a Farsa.

Pero tamén me gusta a idea de I. G.: "hemos vivido intentando conocer, entender lo que habíamos conocido y contar lo que habíamos entendido"
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 27-12-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
O teatro galego é crítico
Mirando de que vai iso do Teatro Galego do que hai tempo estou desconectado, como se pode observar nas entradas deste Blog, que se creou para publicitar e desenvolver este texto teatral.

Razóns do estado crítico:
-O teatro institucional vai a pique, pola crise económica, a xestión, e a nai que o pariu. (...)

-A nai que o pariu pariuno desmigallado, e desenrolouno sen manter a base social (... C. Pazó)

-Nunca houbo tanta xente profesional da actuación en Galicia, cobrando (... actúan as actrices na TV?, si, non?)

¿Que pasou? (risque cun X)
-Salvese quen poider.
-Malos tempos para a lírica.
-Coma tod+s son expert+s en miniaturismo, o público quéixase de cultismo, frikismo e bruxismo.
-Eu só vou a ver o que fan +s miñ+s colegas.
-Teatros sobran, que hai máis auditorios ca xente.
-Eu fixen teatro no cole, que máis?
-Non dan tanta caña coma deberan
-...


Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 13-12-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Peliculas d verdade
18 comidas pode facer feliz a moita xente.

Está unha das miñas actrices favoritas.
Está un dos tipos máis sinxelos e rotundos da interpretación.
Está unha metodoloxía que a min me

A historia desta película foise forxando con 60 horas de improvisacións (gravadas). Da a sensación de verdade, de naturalidade, de "estar ocorrendo agora"

Preguntas:
-quen é a autoría dunha peza que se impovisou entre moitos?
(En principio son só 3 as persoas con dereitos de autoría nunha película: guión, dirección, música)
(Boadella fai unha boa reflexión ao respecto)

¿Que é a montaxe para unha película? ¿é unha recreación, un engano, unha mixtificación, ou un suliñado escollido?

¿Fai falla planificar cando o que acontece é tan abondo que calquera plano é interesante?

¿É o traballo televisivo unha escola de comunicación co público?

A Verdade é unha creación. ¿E que? Tamén o cocido galego o é. Viva a gastronomía
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 03-12-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Para 18 comidas, Lugo

Tosar é de Lugo.

Coira é de Lugo.

a Peli 18 comidas é de dous (ou 3) de Lugo

Lugo pega no Cantábrico

Pero realmente eles eran do Atlántico.
Esa era a Peña

E gracias a ela, temos unha xeración


Pero desta vez, hei ver a peli antes, non vaia ser.




Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 24-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Beat and Roll
Fun dos Beatles, se cadra por algún amigo que me pasou unhas partituras das que disfruto á guitarra, lenta.

Hoxe fun dos Rolling Stones. Entendín por que loitar, sen ser previsiblemente amables, buscar que soe coma se fose un choro orgulloso, ter simpatía polo diaño, non ser os malos nenos bós.
Topar dentro coma a seguridade de vibrar, para facer vibrar.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 20-11-2010 02:41
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro galego na REDE

Hai pouco que en Galicia se estableceron as Compañías de teatro residentes, ou estables nun teatro ou espazo. Xestionan todo o seu, e o que se tercie sobre a sala

A Compañía Chévere é a residente presente na súa Sala de estar, dende hai xa unha chea de anos. Ou sexa que son e están na Sala NASA.
Pero hai máis xente, claro.

Hai un tempo crearon a súa rede social aberta:
Podedes botar un ollo:
http://redenasa.tv/periscopio/

Por exemplo, a compañía expón os videos do proceso de creación da súa nova montaxe: CITIZEN


Ou sexa,unha web 2.0



Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 09-11-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cine Galego, ir hoxe
Durante moito tempo imos ao cine (en) galego por Militancia Cultural, eso que fai que vaias a ver cousas como cando tés unha filla no festival de fin de curso, máis pola ilusión propia ca por méritos artísticos

Pois parece que vai variando a cousa, coa xeración nova dos indies galeg+s neste outono.

Hai moitas máis, pero agardando estamos.

Nesta fin de semana estréanse 3, incluindo unha en 3D.

Nos tópicos (no bó senso do termo, lugares a onde concurrir en común) do cine galego pode ser a Emigración. "Retornos": 136 mil euros para facer unha peli. Eu apostaría por ela, e xa explicarei por que.

Veremos os números.




Retornos, de Luis Avilés
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 29-10-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Joder, Suso
Suso Diaz

Berraba Ubú:
MERDA!




De verdade creo que é das poucas persoas modernas que había en Ourense.

Actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico. Non queda ninguén coma el.

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 24-10-2010 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
O valente de Cortés
Lembro rirme a dobrar coas curtametraxes
YUL e 15 días (un falso documental sobre un tipo que vivía de levar cousas e devolvelas aos 15 días)

E logo frenetizarme con El Concursante.

Agora estou a ver "Buried"


Este Rodrigo Cortés tén algo.

-De ourensán (circunstancial)
-De indie listo (circunstancial?)
-De xoguetón (ver 2)
-De ciruxán da sociedade con retranca (¿ver 1?)

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 17-10-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
AI HOU Crebinsky
A película Os Crebinsky está a rodar por Galicia adiante.

Ben merece un saúdo, un aúpa.

Estética, linguaxe, desennovelado.

Van acompañando as presentacións con un concerto de música digno de baile agarrado e sinuoso, con ou sen burbullas.

Resólveme algunhas dúbidas, das que saen respostas propias:
-¿cando pasamos de curta a longa?
-¿como promocionas unha película cando a fas cos teus medios, e non cos de Tom Crús?
-¿cal é a ruta galega para o cine galego? ¿Onde acaba a xeografía?
-¿cales son as caras do cine galego e por que?
-¿cales deben ser os motivos elementais do cine en Galicia?





Comentarios (0) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 04-10-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Suaves e Diplomáticos son Anxos
Parece mentira que os grupos que máis pegada teñen en Galicia teñen nomes mainos e pouco atacantes. É a esencia do galego.


Dous dos grupos históricos, con riadas de kilómetros baixo dos pés


-Os Suaves son o grupo de hard rock máis potente ca un coche diésel.


-E os Diplomáticos teñen dito por esa boquiña máis lindezas e verdades ca moitos punkis adolescentes.

Ámbolos dous en Ourense, hoxe, sábado 18 de setembro.


Esas conxuncións só pasan en Ourense, que todo acontece ao mesmo tempo. O sol e a lúa, o demo e o arcanxo do mel.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-09-2010 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
acción no MARCO ao teu alcance
Antes de que se me esqueza!!

O día 19 remata a mostra no MARCO de Vigo dunha superreunión da colección do CGAC. 89km
Sobre varias temáticas da Arte contemporánea (a reflexión sobre o propio espazo museístico, a visión de si d+ artista, a globalización...) cada sala tén un grupo de propostas


Hai un video que disfrutei coma nunca. 33 minutos. Empecei-zamos algo sorprendido, e pouco a pouco a xente que alí estaba rematamos a gargalladas de complicidade.

David Bistué e Marc Vives, santos da miña devoción para sempre.


¿Que é unha acción performática? Depende
¿O humor é unha reflexión sobre si dunha persoa intelixente? Dixéchelo ti
¿A Arte contemporánea é un canto a Onán chorando de pena pola incomprensión? Falar é barato


Pero non pasa nada. Non fai falla a vosa presencia física. Internet é así
Zás


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 12-09-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Hai máis traballo do que se pensa
di o Ministro de Traballo que non hai traballo
di o Ministro de Cultura que o que queda é a agricultura
di o Ministro de Fomento que o mellor é que non morremos no intento

E que mellor que uns poucos se ocupen dos problemas de todos.


O bó deste mundo de opereta é que se retransmite polas canles oficiales, xa non é preciso facernos radicales.
Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-09-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal