(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Modulok no FIB, Ourense no corazón
Teño a honra de comunicarlles que

Este xoves decidiuse quen ía ser a Banda Emerxente no concurso de maquetas Proxecto DEMO de Radio 3, e estar no Festival FIB de Benicassim. MODULOK

O proxecto de Fernando Epelde e Dani Méndez, ourensáns, inquedos, divertidos, preparadísimos e tocados pola simpatía dos deuses é MODULOK. Acaban de dar un gran brinco.

Presentes no teatro e audiovisual independente galego e madrileño, son a admiración no underground madrileño, onde residen buscando luz dende hai uns cantos anos.

Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 15-04-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
POBRIÑO MEU PATRON
Nestes tempos de xefes de maioria absoluta, na máis absoluta das certezas de que ninguén vai ter toda a razón

Aconséllanme que escoite

Dicía Facundo Cabral, e cantaba ben

Pobriño meu patrón, pensa que o pobre eu son

Eu non sei que vai máis lonxe, a montaña ou o cangarexo

Dominar é a súa maneira, e así ninguen se libera


Que me importa gañar 10 se sei contar ata 6
etc



Non se me ocorre hoxe outra explicación máis poética e atinada ao que lle pasa a este Mundo globalizado.

o amor hanos salvar, tamén dicía Facundo

O que pasa é que esa estética agora é a que levan
os mozos nos anuncios de moda

Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 01-04-2012 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía son
?E por que non?

As damas
As raiñas
Os amores

E a posta en escea, con Quico Cadaval polo medio, digna de ver

¿Pódese ser cantareira e moderna? Si
¿Pódese respetar a tradición e aportar un banzo máis? Si
¿Pódese facer unha presentación dinámica do canto de 6 mulleres e a súa percusión? Si
¿Pódese levar 20 anos na escea e seguir a ser modernas? Si

Vestiario, músicos incomparables de acompañamento

En calquera país normal estarían nos posters das adolescentes.

Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 06-03-2012 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
mestre isaac diaz pardo
Sen dúbida
sen temor
sen querer
sen parar
sen agardar moito ao cambio

un dos homes no Olimpo Galego

Isaac Diaz Pardo

Comentarios (2) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 08-01-2012 03:29
# Ligazón permanente a este artigo
A riqueza dos Reis

Desque os de Fuxan os Ventos cantaban á batuta do cura Mato nos 70s aquelo de Galicia Canta ao Neno, a verdade é que descubrimos un tesouro nas cantigas varias que se canten no Nadal
-Natalicios
-Aninovos
-Manueliños
-Panxoliñas
-Vilancicos
-etc

O fantástico é que e existe un Arquivo do Patrimonio APOI do Museo do Pobo Galego onde consultar en liña como se cantaban en orixe.




Esta riquezaa non cobra comisión, non abusa do seu cargo, e é vitalicio para todas as familias que lles apeteza cantalo por Nadal.

Gracias ás aportacións xenerosas de xentes coma Mini, Mero, Pablo Carpintero... etc etc
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 11-12-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO DE BOLOS DE PARADA DO SIL

Este sábado estaremos en Melide no III curso de formación sobre Patrimonio Lúdico


E o sábado 29 en propio Parada do Sil, presentando á comunidade a recompilación de testemuñas.

¿Alguén sabe tocar o acordeón? Teño a peza preparada.


Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 22-10-2011 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
A prensa anuncia a crise. E nos?
A prensa estándar anuncia

-As Caixas de aforro foron politizadas e creron facerse sólidas co cemento, e fixeronse fosfatina

-As Bolsas son un sistema inseguro no que calquera desalmado pode provocar a caida dun Pais de 10 millóns de habitantes.

-A xente que da valoración ao fluctuante valor das Empresas e Países non é honrada.

-Os mesmos que reclamaron que o Estado debería ter intervido apostan por un futuro sen demasiado Estado.


-Todo é moi científico, como que "Quen posterga as cousas para máis adiante...
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 01-10-2011 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
A prensa dicta ou vai ao dictado?
Comentábame un compañeiro que había moito que matizar na apreciación #3 da entrada anterior deste blogue:

"Os xornais retransmiten a crise en directo. Públícanse os Debates, incluso en Galicia"

Sobre todo porque en concreto esa de Galicia tamén tén crise

O malo non é ter crises, o caso é como se quere sair delas



O que quería dicir, á parte dunha visión positiva, é que quen quere saber algo de de que vai esta Crise, pode sabelo en cabeceiras de calquera quiosco, sen ter que rebuscar en medios alternativos.

Tan grande é a crise que afecta a todo pero que todo todo. ¿Todo?


Son, están sendo blogs e tuiters e feisbuks os medios alternativos?

¿Calquera que reciba un correo electrónico pode enviar unha carta á dirección dun xornal para enmendarlle a plana?
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 21-09-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
a xente move o mundo
algo móvese

-Wall Stret é unha rúa, e a xente anda por ela

-A enerxía nuclear é para a xente, e se non a querem, non a hai

-Os xornais retransmiten a crise en directo. Públícanse os Debates , incluso en Galicia

-O abrazo do oso non sempre é un afogamento.


-Chorar non sempre é pena. Pódense chorar as verdades


Comentarios (0) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 18-09-2011 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Mosteiro medieval do século eléctrico (Sta Cristina)

Nos Canóns do Sil proxectan facer unha Central Eléctrica.

Farán unha Balsa de 35 hectáreas enriba, no monte, logo subirán a auga por uns tubos enormes, a golpe de motores auga, que consumen enerxía... eléctrica.
Logo baixarán a auga, en momentos que lla paguen máis cara que cando a subiron.

Por que?

Pode ser, á parte de polo evidente, para gañar PA$TA...

Porque tododiós consume máis da conta. Por exemplo, ao tomar un simple café.
Ao quentarse no inverno para estar como cando estás no verán.

Non queremos sensacións naturais, e por eso se nos cargan as paraxes naturais.
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 05-09-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Guadassuar instrumentos antiguos por sempre
Na vila de Guadassuar teñen un precioso festival de Música Antigua, accesible de de nivel considerable, xoven e mimado.

A orquesta barroca La dispersione organiza o evento e un profesorado de nivel ensina a quen queira escoitar, sen filtros nen ambaxes.

Asistir con Asier de Benito a un curso de lutería para facer un Rabel pode ser unha experiencia tan proveitosa como para un galego aprender a cociñar durante 6 proveitosos días.


Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 26-08-2011 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Quen son Mercados?
Quen nos fai ser máis pequenos?
Quen nos controla?
Quen manda máis no noso pequeno-menospequeno-gran Mundo?

O mundo esta sendo unha cousa ben parecida a unha lavadora.
Dame a sensación que nós estamos dentro, e unha miga tamén fora (da maquinaria)

Os Mercados xa non son as Feiras.

O Común, o de tod+s sempre tivo mal xeito aqui no País.

Pero cando chegan as Festas, ben que todos saúdan ao Ramista-Maiordomo, para que faga boas festas, co diñeiro de Tod+s.





O bo desta crise é que a coñecemos polos xornais cada día. Logo non queixarse "é que estaba na festa..."
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-08-2011 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Tra-adicional
Recorrer o camiño da música tradicional é coma voltar polo río arriba dende unha praia dun mar en calma.
O interesante non é só rabear polo picor do sal, do sol, da areisca.

O mellor son os comos e os porqués.

Facer unha frauta cunha palla de centeo, cun talo de cabaza, ou facer un rabel en forma de cabaza, ou tocar como tambor un cubo de pintura acompañando unha gaita de 2 ronquetas.

Falamos da recuperación das sensacións puras, do contacto material co espiritual.

Mover as mans para construir música, mover o espíritu cantando emocións doutra época. Bailar sen vergonza nas verbenas

Sonoridades sublimadas, destiladas, cocidas a lume lento.


Toda época tén un pasado e un bó futuro.
Todo lugar un arredor inmenso.



E ningunha planta ben aproveita para froito se non é enxertada
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 26-07-2011 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
O xenio xigante de Faustino Santalices
Santalices é o Tronco da música tradicional.
É o noso Stradivarius, o noso Leonardo da Vinci.
Avogado, inventor, investigador, luthier, intérprete, cantor, perfeccionador de técnicas....

Ciencia da Gaita, conciencia dda zanfona, como foi o subtítulo da Homenaxe feita en Ourense.

Sen ningunha dúbida, á altura de calquera da Xeración Nós para a cultura galega.



Sen el, non se podería dar o Histórico concerto do 26 de Febreiro do 2011.

Gracias a el, e a Faustino Santalices fillo, que gardou no corazón e na casa todo o legado.

Sacou da súa linterna atopada na historia, frotando, a zanfona e a gaita. O terceiro desexo foi que non desaparecera o Bó da Tradición

Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 29-03-2011 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Benito Losada, para sempre un devanceiro esgrevio
Unha personaxe histórica tén a amplitude necesaria, e a coherencia precisa.

A coherencia dun Xestor Cultural Público:
-A fidelidade na amizade (moitas persoas beneficiarias do seu traballo o consideran amigo)
-A confianza nas persoas mozas (un practicante da Co-xestión: un presuposto xestionado libremente polo Consello de Xestión)
-A lealdade institucional (traballou para e con todas as cores políticas, dende o seu papel)
-A colaboración perenne, a procura de toda axuda externa posible.
-A regularidade sistemática na sementeira cultural (cando hai actividades que duran 10, 20, 30 anos, manteñen áreas completas)
-A asunción dunha dirección constante e innegociable


A conxunción dos contrarios:
O kaiser con humildade, a hiperactividade parsimoniosa, a timidez sociable, o servizo público personalizado, o xefe currito, a disponibilidade da Institución, o delegado de Juventudes do Movimiento que propón galeguizar a OJE e nomea a un comunista como xefe da Casa do Frende de Juventudes, o colega xefe da OJE de Lugo dos 60-70 con Mini e Mero.


---------

Faríalle gracia, con envexable humor discreto que tiña, que agora o homenaxeen imprecisamente como "debuxante, home de teatro, nacido 10 anos máis tarde..."
Sobre todo que a xente o sinta como que estaba en todo. Sen lucir. A xestión cultural coma unha das Belas Artes.

Se para que creza algo é preciso un pai e unha nai, un espazo e unha circunstancia, el estaba aí.


Non lle gustaban as homenaxes nin o afagaran. Escapaba do superfluo, acometía o imprescindible.

O que lle gustaba é que a Xente se Movera, enfrontándose aos seus soños.

NON DEIXEMOS QUE O LEGADO DA CASA DA XUVENTUDE de 30 anos ESMOREZA na Administración en 1 só.

Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 07-02-2011 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal