(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DECALOGO APURADO DE CINE
Coma Moisés que alucinou co dos 10 mandamentos, e vaite ti saber a pelicula que pasou na realidade, con aquelo da matogueira que ardía e lle falaba ;)

Decálogo apresado de porfavores do cine u-tópico (onde está o tópico?)

1.- Os diálogos, mellor simplificados ca simplistas.
Agochan unha merla en cada esquina, en cada xiro, en cada resposta.

2.-As personaxes teñen dereito a defenderse e explicarse, anque non a contarnos a historia que tén que contar o guión e a dirección.

3.-Os planos, son acompañamento ao estado emocional das persoaxes, e do que terán as espectadoras.
Para describir non só se fan pinturas ou fotografías. En canto ás descricións da literatura, o punto 2.

4.-Unha vez que se entende o visto, sempre pode quedar algo de misterio, pero nunca de obviedade ou redundancia. Antes co caro do celuloide esto estaba máis claro.

5.-Todas as historias están por contar, outra vez, de novo. Pero cada punto de vista persoal é obviamente único. Explorar os tópicos é un homenaxe á tradición, e vivir das súas rendas unha traición.

6.-O tópico é a pedra para a escultora: algo a labrar. A pintura para a pintora: algo a desfacer e expandir. O papel para a escritora: algo a encher.

7.-O cine ás veces é un espello, ás veces unha palla, ás veces unha apaleadora. Pero tamén unha linguaxe artística. Tanto a evasión coma a fondura estética poden artellarse.

8.-O que contas, máis o que evocas, máis o que se interpreta.

9.- Son posibles mil historias, da combinación dos anacos. Hai unha historia distinta con tan só un suspiro de máis.

10.- Non hai máis remedio ca escoller. Escoller é propoñer. E para escoller hai que recoller antes. E despois de escoller coallar.



Deste decálogo-opinión, só hai un único culpable. O que asina. (por se alguén se sinte aludid+)
Comentarios (1) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 04-06-2009 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Aportacións, opinións...
1 Comento un por un os "mandamentos" pero non porque considere que estén mal ou que deberían modificarse, simplemente cousas que pensei mentres os lía:


1. Menos é sempre máis
2. Difiro un pouco xa que a personaxe está terriblemente condicionada polo guión, non sempre se lle concede a libertade de expresarse.
3. Algúns planos teñen unha finalidade meramente descriptiva para ubicar a historia e ó espectador nun lugar/momento cronolóxico determinado, non sempre se pensan certos planos en función da personaxe
4. ok, completamente de acordo. Nes#blgtk08#to pecamos moitos por aquelo de "e se non se entende.."
5. Todo está inventado e todas as historias xa foron contadas dun xeito ou doutro, pero aí a reside o encanto de todo isto, a nosa capacidade de reformular e reiventar historias.
6. Tópicos: inevitables
7. Completamente de acordo
8. O que contas ou o que queres contar (que ás veces non son equivalentes)
9. Perfecto, semellante ó 5º mandamento
10. Todo é resultado dunha elección (o ángulo, o tipo de plano, o movemento da cámara, os actores) máis ou menos afortunada en cada caso.
Comentario deitado por Eva (22-06-2009 20:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal