(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cine independente galego (I)
O primeiro as miñas desculpas. Non vou de listo.
Seguimos con cineastas independentes: ¿como relacionar Jim Jarmush con Galicia?

O cine galego ándase buscando. Non tén identidade. Por eso hai xente á que se lle asocia con coñecidos cineastas.

Plantexemos un caso práctico (e real):
Temos dous cineastas galegos (que vostedes terán que buscar, porque non vou dar nomes, polo de agora). Aos dous asóciaselles con Jim Jarmush.

-Un deles quere ser a próxima xeración do cine galego. Ao outro dalle absolutamente igual.
-Un deles fará pelis ( e outras obras artisticas)durante varias xeracións. En tódolos formatos posibles. O outro depende.
-A un deles déronlle varios centos de miles de euros para facer unha peli. O outro búscase bastante a vida.
-A un deles non lle gostan os saraos, compadreos, capeliñas, e vai ao seu.
-A un deles déronlle moitos premios.
-A un deles dinlle que é moi radical e independiente nas súas propostas.


¿Que cren vostedes que acontecerá? (co cine galego, e con estas dúas persoas)


Comentarios (3) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 09-02-2009 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Aportacións, opinións...
1 Gracias pola achega sobre os bonecos dos contacontos, sempre se agradece saber máis...coma no caso que propós neste post: deixáchesme coa curiosidade#blgtk08# de saber e buscar nomes para eses dous cineastas e un futuro para o cine galego. Non teño opinión formada, a verdade, pero é un bo tema para pensar.
Comentario deitado por besbe (10-02-2009 18:07)
2 grasias a ti por difundilo.

Sempre hai unha historia detrás de cada historia.

Eso é simplemente porque o coñezo de 1ª man.

Eu carretei esas bonecas por media galicia ás tendas de comercio xusto, e fixen a xestión Navia-Filipinas. (eu e out#blgtk08#r+s, claro, de A Cova da Terra, e Amig+s da TErra Ourense. Aquelo eran tempos da REde Xusta (rede de tendas de CX)

E que fose profe na miña aldea (meu barrio de ourense) sempre me fixo ilusión .
E hai máis historia. PEro eso será outro día.

saúdos
Comentario deitado por juanjo (10-02-2009 18:27)
3 :) pois agardarei a próxima entrega da historia, de paso vou botarlle un ollo á tr#blgtk08#iloxía das miniaturas que me picou a curiosidade. Como vai o proxecto, por certo?
Comentario deitado por besbe (12-02-2009 15:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal