(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMOS XUNTARNOS CON OUTR+S
Resulta que hai un tempo, uns amig+s do Centro Xeométrico do País, ou sexa, tirando entre Melide e Agolada, que constrúen cos seus blogs tan chulos unha cultura de País máis completa se cabe...

Convocaron reunión ou concilio, unha XUNTANZA DE BLOGUEIR+S.

Os Amigos dos Pendellos (que son quen está tentando recuperar os Pendellos da Agolada, unhas estructura de feira histórica) van facer o anfitrionádego, e imos coñecer tamén o marabilloso Sobreiral do Arnego.

Por amizade, por curiosidade, por interese, e por que non, alí me vou, a coñecer compas.

Xa vos contarei
(mirade no Blog da Xuntanza, e as derivacións, comentarios, fotos e achuchós)

---------------------------------------------
E XA ESTOU RUMIANDO A RESPOSTA AOS COMENTARIOS DE "R" sobre a Triloxía das Miniaturas, que están na anterior entrada
Comentarios (11) - Categoría: outras cousas por fora (e por dentro de min) - Publicado o 30-05-2008 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Aportacións, opinións...
1 Es un crack, ou como raio se escriba iso, Juanjo.
Tes o don de saber comunicar e estou segura de que terás éxito en calquera camiño que elixas neste eido, sexa o teatro, ou o que queiras.
Ti seguramente non te deche conta, pero, cando comezache a contar os contos, alí n#blgtk08#os Pendellos, pasaban unhas mulleres pola praza, por detrás ti, supoño que dar un paseo. Foi escoitarte e quedar paradas. Alí estiveron escoitando con cara de ledicia ata que rematache.
A verdade é que irradias simpatía e cordialidade.
Un aplauso e unha aperta.
Comentario deitado por cuspedepita (02-06-2008 16:18)
2 Cuspedepita explicou mui ben o #blgtk08#que penso eu.
Un saúdo.
Comentario deitado por paideleo (02-06-2008 23:41)
3 si, si, paideleo, estou dacordo contigo, e con cuspe de pita!

O juanjo irradia simpatia, irradia unha noite de caloriña baixo o abrazo dunha boa historia a carón do lar.
A min pasoume o mesmo que as señoriñas esas!
Quedeime prendada ca compar#blgtk08#ación dos blos cos pendellos e ca historia do señor que inventou o trampitam e o seu periodico!
por certo juanjo, non recordo o nome do señor, poderíasme dicir quen era e onde podo atopar un diccionario de trampitam, ji, ou textos onde se fala deste 1º blogueiro!
Comentario deitado por insomniorizar as bagoas insomnes (03-06-2008 13:53)
4 ooooooooohhhhhhh, que lindo...

Síntome totalmente agradecido e encantado de que me acariñedes así.

Xa tiña adiantado o éxito cun público tan cariñoso, atento e espilido.
Eu só fixen o esforzo de non alongarme.

Foi un gustazo, pola mañá, esa "Exposición a 22 voces, de Que e para que un Blog"


-XAN DA COBA, ou Juan de la Coba (miras no jujel, ou en Cabrafana#blgtk08#da, ou nas Uvas da Solaina: Marcos Valcárcel é un dos recompiladores do asunto...


-E a recolectora oral dos contos no libro (ben, +s recolector+s foron súas alumn+s): Camino Noia Campos


PD1:ando máis lixeiro dende que vos lin, compas

PD2: insomne bagüiña: se queres a versión "canalla e tabernaria" dos contos: o venres 6 na A Esmorga, ás 23h, volvo ao público.
Comentario deitado por juanjo (03-06-2008 15:35)
5 Foi un pracer conocerte, xa nos imos ver moi#blgtk08#to po ano se queres visitalo meu blog, alá!!
Comentario deitado por asbeirasdoarnego (03-06-2008 20:23)
6 Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Ape#blgtk08#rtas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.
Comentario deitado por (03-06-2008 21:22)
7 E ben certo que nos compría un anaco máis para profundizar no recíproco coñecemento; pero ti -que por forza pasarás por Antas con c#blgtk08#erta periodicidade-, non dudes en contactarme. O café pago eu (e que en Antas temos moneda independente).

Unha aperta
Comentario deitado por Chousa da Alcandra (03-06-2008 23:28)
8 Ei, o viernes, as 23, no centro da esmorga?

Contame máis?
contame no meu mail, que alí esta#blgtk08#rei!
Ah, e pasate por castrelo algun día, aínda q eu so estou de 8.30 a 3.30 do mediodía de luns a venres.
Comentario deitado por isomne bagoa (04-06-2008 12:06)
9

votade un vistazo:
#blgtk08#

www.ponteatro.mi-web.es
Comentario deitado por ulises (06-06-2008 12:30)
10 A verdade é que na Xuntanza o pasamos moi ben. Terás a crónica#blgtk08# prometida en canto teña tempo, pero cos exames... Unha aperta
Comentario deitado por dagolada (06-06-2008 22:07)
11 Eu souben desta páxina das Miniaturas gracias a que un grupo de blogueiros e blogueiras coincidimos nunha encrucillada de camiños chama Agolada.
Podía ter chegado a#blgtk08# ela (á páxina) por outros camiños, que o mundo virtual é un pano, pero a cousa foi entre pedras fermosas e sobreiras centenarias á beira do Arnego, un 31 de maio de 2008.
Comentario deitado por vicente montoto (11-06-2008 16:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal