(...)


Este blog é un punto de encontro.
Fíxose para acompañar o proxecto dunha peza de teatro que se publicitou na extinta Regueifa.net
"TRILOXIA DAS MINIATURAS" (1999), de Juanjo G Rodicio , peza de teatro (30 páxinas, producto dos obradoiros de dramaturxia de Anxeles Cuña e Begoña Muñoz)na Aula de teatro Universitaria de Ourense, e que descargaran 1500 persoas daquela
. Podes descargala no enlace, e deixarme un comentario.

a imaxe de portada é de ROBER ARAÚJO



Texto teatral publicado na Plataforma A Regueifa.net e que quero compartir convosco, que o leades e comentedes. Por iso fago este blog.
Anque tamén me gusta estar falando de teatro, algo de pelis, e demáis.
As apostas sempre dependen se hai máis xente xogando. Vos diredes.
Se cadra chegamos a vela representada coas vosas apreciacións incorporadas.


A REGUEIFA, é unha verdadeira plataforma de intercambio creativo neste País, en Licencia Creative Commons (emprego non tan restrictivo coma o Copyright). A música emerxente galega e outras expresións visuais e escritas viase flotando alí coma nos volcáns en erupción


Enviade ideas e opinións a@gmail.com,



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O teatro popular (I)
Popular, popular...

O termo popular tén dúas acepcións, se me permiten o chiste:

O que era "popular" na primeira etapa politica de Manuel Fraga xa non o foi despois.
Manuel Fraga deulle un cambio ao concepto popular que xa o quererían os do márketing de G. Bush fillo.
Ata A. P. "Popular" era "o relativo ao pobo común que se quere liberar".
E despois de que M. Fraga Iribarne montase A. P. era "do pobo que non se quere liberar de nada, que nunca houbo queixa..."


Salvando a digresión... ou apoiándonos nela...

O teatro en Galicia (é un dicir) ata os anos do "xiro conceptual fraguiano" era o da Xeración Abrente.

Tódalas compañías que duraron estes 30 anos beben desa fonte.

O dilema era ser popular sen ser populista.
E o reto ser popular sen ser elitista.

A sociedade fartouse de fartarse de crítica estructural e conceptual, que non lle daba solucións e si moita ansiedade.

E a mesma sociedade deixouse adormecer (ou se cadra durmir mellor para vivir cada día) pola Sin crítica do teatro de comedieta (aqui en Galicia, de fora e en Castelán), con música suave e sen cuestionamentos.


Pero hai un termo medio? De que a xente disfrute do teatro, de toda idade e condición, porque tratamos temas humanos, universais e non por iso menos conflictivos?

¿Hai unha xeración nova no teatro popular galego?
Comentarios (1) - Categoría: Teatro Galego - Publicado o 12-04-2008 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Aportacións, opinións...
1 Hai sempre xeracións novas no teatro. No galego tamén. O de “popular” me#blgtk08#llor deixalo a idea de cada quen. Que algunhas palabras cárgaas o demo.
Comentario deitado por vicente montoto (11-06-2008 16:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-correo: (Non aparecerá publicado)
Enderezo web para en redar:: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal